Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Concello de Ourense, tendo en conta o escenario de excepción que se está a producir coma consecuencia da pandemia declarada pola Organización Mundial de la Salud con relación a o Coranovirus (COVID-19), e tendo en conta a declaración de emerxencia sanitaria da Xunta de Galicia e a declaración do estado español da situación de alerta nacional, pechou as zonas de xogos infantís e activa medidas excepcionais de limpeza, a través dunha providencia asinada polo tenente de alcalde e concelleiro responsable de Limpeza, Medio Ambiente e Perímetro Rural, Jorge Pumar.

Para isto decidiu facer uso do contrato do servizo de Limpeza e Recollida de Residuos Sólidos Urbanos, que no seu artigo 5 do prego de condicións técnicas, baixo o epígrafe “Servizos Excepcionais de Limpeza”, concreta “actuacións en caso de emerxencias e calquera outra situación excepcional, así coma calquera outra que demande o interese público xeral, por afectar á seguridade, á saúde e ao ormato público”.

Dese xeito, por parte do concelleiro de Limpeza comunícaselle á empresa concesionaria Ecourense UTE que tome as medidas pertinentes para iniciar un plan de choque de limpeza e desinfección do mobiliario urbano, caso dos bancos, xogos infantís, marquesiñas, varandas de escaleiras, pantallas táctiles, así coma calquera outro elemento do mobiliario urbano susceptible de conter perigo causante de alerta sanitaria.

Unha medida que para Jorge Pumar é “do máis acaída e necesaria nestes momentos”, sempre encamiñados “a facer todo o posible para garantir a seguridade dos veciños”, e dese xeito “trasladarlle á cidadanía que o Concello redobla a súa actividade”. Jorge Pumar quere lembrar a mensaxe de responsabilidde social e individual aos cidadáns e insta a que queden nas súas casas: #quédomenacasa.