Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Concello de Ourense reabre o luns, 15 de xuño os parques da cidade, coa conclusión do estado de alarma na comunidade galega.

Para a súa apertura a Concellería de Medio Ambiente organizou os traballos de desinfección e puxo a piques dos recintos durante toda a fin de semana, para a recepción dos nenos ourensáns.

Para o tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, “é o momento que os nenos volvan a socializar, xogar e gozar dos parques infantís da cidade cumprindo sempre as medidas preventiva”.

Desde a Concellería de Medio Ambiente lémbranse as medidas que se deben tomar para o desfrute nos parques, que segundo dita a Xunta de Galicia, concrétanse no mantemento da distancia social, o uso de xeles viricidas e a hixiene constante como elementos de protección individual.

Jorge Pumar afirma que a súa concellería leva traballando na apertura dos parques infantís da cidade varias semanas, cun plan diario de limpeza e desinfección, ademais de que durante toda a pandemia seguiuse traballando nos procesos de mantemento e mellora do inventario de parques. Como exemplo o novo parque de San Antonio ou a remodelación de San Lázaro.

Ademais, o tenente de alcalde destaca o traballo de anticipación realizado, xa que desde a súa concellería xa se están instalando os dispensadores de xel hidroalcohólico nos parques infantís desde hai varias semanas.