Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza celebrada na mañá de onte o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o servizo de mantemento e mellora das zonas verdes públicas da cidade. A el destinará unha achega de case 1,9 millóns de euros anuais, coa finalidade de acadar unha importante mellora do servizo, que incorporará 12 persoas e dúas brigadas de intervención rápida.

Aprobouse o expediente para contratar o servizo de mantemento e mellora das zonas públicas, cun orzamento de 1.891.680,16 euros por ano.

O prazo de duración do contrato é de 2 anos prorrogables en 2 anos máis (1+1) e o valor estimado do contrato para os 4 anos é de 7.504.185,76 euros.

Proponse e prevese un aumento do actual persoal en doce persoas co obxecto de garantir a prestación do servizo que asegure o correcto mantemento e unha notable mellora de parques, xardíns, espazos verdes e arborado das zonas verdes públicas do Concello de Ourense obxecto do contrato.

Asemade, créase unha brigada de intervención rápida para cada lote para dar resposta aos requirimentos urxentes.

As características sociais do contrato refírense ao fomento da inserción socio-laboral dos colectivos de persoas desfavorecidas ou membros de grupos vulnerables e a contratación de mulleres.