Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Hoxe entrou en servizo o novo parque da Carballeira, cun espazo infantil multixogo renovado integralmente, entre as rúas Vázquez Núñez e Martiño Sueiro. Esta mañá o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, fixo unha visita ao lugar xunto aos técnicos responsables da obra. A actuación supuxo un investimento de máis de 47.000 euros. Instaláronse varios xogos de integración e unha estrutura multixogo con temática e decoración medieval formada por unha torre hexagonal (con un tobogán aberto recto de polietileno de alta densidade, rede sobre poste, ponte de triángulos colgantes, ponte de cordas, rampla sobre tubo, acceso parede rocódromo, entrada secreta, con lamas de caucho flexible), dúas torres triangulares dobres (con un tobogán aberto recto de polietileno de alta densidade, ponte de cordas, muralla, escaleira de barras, dobre rocódromo, rampla, e túnel de gateo), dúas torres triangulares (con barra de bombeiros, acceso a parede de rocódromo, escaleira de barras, muralla, túnel de gateo, e ponte de triángulos colgantes).

Os xogos instaláronse sobre chan amortecedor de caucho continuo colocado sobre soleira de formigón armado que substituirá o actual de area. Esta nova área conta cunha capacidade de acollida de xogo para 30 nenos e nenas.

Praza de Paz Nóvoa. Este venres volveu tamén a escultura da vaca Popi á praza de Paz Nóvoa, así como a bancada, que ocupando de novo o seu lugar, no centro da mesma, logo de seren reparados estes elementos polo seu autor, Leandro Sánchez.

A vaca loce xa novas cores, ao igual que a bancada. Amais, ambos elementos foron tratados para mellorar a súa capacidade de conservación.

Lembramos que esta obra foi unha doazón da Fundación Cum Laude a cidade de Ourense, dedicada a súa xuventude, coa idea mostrarnos unha visión diferenciada e moderna.