Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Foto de camelia

A segunda edición da Mostra de Camelias acaparará a atención dos visitantes ao Parque de Montealegre durante esta fin de semana, 10 e 11 de marzo. Esta especie, que vai camiño de consolidarse “coma unha das máis presentes na nosa cidade”, en palabras do concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, será a protagonista de obradoiros de poda e enxerto, de charlas e mesmo das actividades infantís. As xornadas, presentadas esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense, son de carácter aberto e gratuíto, e os obradoiros están dirixidos a un público interxeneracional a partir dos 8 anos.

Participantes na campaña

O Concello pon en marcha a campaña Adopta unha árbore para por en valor o patrimonio arbóreo da cidade

Botánico de Montealegre

O Concello de Ourense oferta, para o primeiro trimestre de 2018, actividades para todos os públicos para pór en valor un dos enclaves máis singulares da cidade, o Botánico de Montealegre.

Campaña contra as cabichas

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, presentaron o 26 de decembro unha nova campaña de concienciación que se leva a cabo coa empresa Ecourense, concesionaria do servizo de limpeza, na que se quere concienciar sobre os danos que provocan as cabichas no chan para o medio ambiente.

Presentación da nova fase do programa de compostaxe

Tras unha exitosa primeira fase, materializada en 65 vivendas unifamiliares por diferentes puntos da cidade, o Concello inicia, co apoio de Sogama, unha nova etapa na que busca incrementar os beneficios ambientais, económicos e sociais derivados desta iniciativa.

Botánico de Montealegre

O luns 13 de novembro, festivo local en Ourense, as instalacións do parque botánico de Montealegre permanecerán abertas. Malia ser o día de descanso dos traballadores das instalacións, e debido ao carácter festivo do día, estas permanecerán abertas no horario habitual de fines de semana: de 10:00 a 18:00 horas. O motivo, que a cidadanía de Ourense poida gozar do día libre en contacto co medio ambiente e dar un paseo polas súas instalacións.

Folleto con consellos para aforrar no consumo de auga

Ante a alerta por seca activada o dia 5 de outubro pola Confederación Hidrográfica Miño Sil e que afecta ó Concello de Ourense, a Concellería de Infraestruturas e Medio Ambiente en colaboración coa empresa Concesionaria do servizo de abastecemento e saneamento, Viaqua, poñen en marcha una serie de actuacións con carácter inmediato para evitar futuras restricións na subministración de auga na cidade.

Actividades do Botánico

Debido ao éxito de participación e de inscrición en dúas das actividades do Botanico de Montealegre, que esgotaron as súas prazas, o Concello ampliará esta actividade aos vindeiros 15 de outubro e 26 de novembro respectivamente.

Actividades Botánico

O Concello de Ourense, co ánimo de poñer en valor un dos seus espazos verdes máis senlleiros, organiza no parque Botánico de Montealegre durante unha vintena de actividades para todos os públicos durante o último cuadrimestre do ano. “Queremos achegarlles aos ourensáns o seu medio natural máis próximo e, ao mesmo tempo, fomentar o Parque coma un espazo ideal para compartir o lecer en familia”, comentaba o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, na presentación das actividades.

Alameda do Concello.

O alcalde de Ourense e o concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza trasladáronse até a contorna da Igrexa de Portovello (As Lagoas), unha das zonas que se ampliou co novo contrato, para comprobar os medios materiais e humanos cos que traballará Valoriza. Con 100.000 m2 máis que co contrato anterior, as brigadas municipais quedarán liberadas para outras zonas da cidade. Tamén serán responsables do estudo da saúde e da substitución do arboredo.