Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Endoterapia arbórea

O Concello de Ourense aplica a Endoterapia para o coidado das prantas das zonas verdes da cidade. Trátase dun sistema novidoso que está a utilizar a CMA nos últimos días.

Horta urbana

O Concello ven de facer pública a lista deinitiva de admitidos/as ao procedemento para o outorgamento de autorizacións de uso de hortos municipais.

Unha rata

O Concello de Ourense afrontará a proliferación de ratas que, co tempo de primavera, volven aparecer en diferentes puntos da cidade. A partir desta semana, o departamento de Medio Ambiente intensificará os tratamentos preventivos de desratización, desinfección e desinsectación en todo o municipio, cunha primeira fase de choque que se desenvolverá durante todo o mes de maio.

Presentación das sendas peonís na comarca de Ourense

O Concello agradece á Xunta a súa sensibilidade co Plan de Sendas de Galicia, trala reunión mantida o 3 de maio co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e o concelleiro de Infraestruturas e Medio Ambiente, José Araújo, na que lles trasladou que  o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a licitación da redacción do proxecto de construción das sendas peonís e ciclistas na comarca de Ourense.

Horta urbana

O Concello ven de facer pública a lista provisional de admitidos/as ao procedemento para o outorgamento de autorizacións de uso de hortos municipais reservados a persoas con mobilidade reducida. A concesión faise a raíz das Bases Reguladoras do Procedemento para o outorgamento de autorizacións de uso de hortos municipais no parque de Montealegre e en Mariñamansa.

Visita aos contenedores de compostaxe en Seixalbo

O concelleiro de Infraestruturas, Medio Ambiente, Limpeza e Perímetro Rural do Concello de Ourense, José Araújo, acompañado por técnicos ambientais, visitou óos veciños de Seixalbo para comprobar de primeira man como están a levar a cabo o proceso de compostaxe nos compostadores proporcionados polo Concello dentro do programa Compostaxe: toda unha vantaxe, realizado en colaboración con Sogama.

Xuntanza para planificar as accións do Botánico de Montealegre

O Concello de Ourense está a planificar as actividades que se desenvolverán no Botánico de Montealegre. Así, estanse a producir reunións de traballo entre os técnicos da Concellería de Medio Ambiente e a empresa Xesmega, ganadora do concurso da xestión do Centro de Visitantes Montealegre desde o 7 de abril.

Premios da campaña Porta a Porta

O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu a entrega dos premios da acción encamiñada a promover a reciclaxe de vidro entre os máis de 200 locais de hostalería da zona centro e centro histórico de Ourense. O acto estivo presidido polo Alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e José Araújo, Concelleiro da área de Infraestruturas e Medio Ambiente, e contou coa presenza de María Cruz Ferreira, Directora Xeral de Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e de Germán Fernández, Xerente de Ecovidrio en Galicia.

Reunión de Jesús Vázquez, José Araújo e o presidente da CHMS.

O Concello de Ourense e a Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS) acordaron diferentes actuacións para unha mellora integral das canles dos ríos da cidade. Así, as reunións entre o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente da CHMS, Francisco Marín, traduciranse na redacción de proxectos para a limpeza e restauración hidrolóxico – forestal, así como para a mellora da conectividade dos tramos urbanos dos ríos Miño, Barbaña, Barbañica (regato dos Muíños) e Loña, actuacións que se estenderán tamén aos regatos de Vista Hermosa, Valdorregueiro e Oira.

Horto municipal

O Concello de Ourense abre convocatoria para que as persoas interesadas podan solicitar a autorización de uso de hortos municipais. Publicada no Boletín Oficial da Provincia do pasado luns, inclúe un total de 36 hortos situados no Parque de Montealegre e Mariñamansa. O prazo para solicitalos, a través do Rexistro Xeral do Concello, está aberto ata o venres, día 7 de abril.