Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Este ano o lema da xornada é “Un planeta sin contaminación por plásticos” e programamos actividades moi diversas nas que toda a población poda, en distintos puntos do municipio, estar en contacto coa natureza co fin de coñeceña, desfrutala e protexela.

Todas as actividades son gratuitas pero nalgunhas é preciso a inscrición.

SÁBADO 9 DE XUÑO:

Obradoiro Alimentación ecolóxica e saudable. 17.00 h. Parque Montealegre.

Inscrición obligatoria. Actividade para adultos.

Últimamente a nutrición experimentou unha autentica revolución nas sociedades mais desenvolvidas. Tan importante e levar unha dieta saudable como sostible, por iso queremos achegar con esta actividade os conceptos sobre unha dieta máis ecolóxica para favorecer a nosa saúde e o medio ambiente. Os obxectivos desta actividade son xerar actitudes críticas sobre o modelo de consumo actual, dando a coñecer formas altenativas de consumo, sensibilizar da importancia do consumo responsable e sostible de calidade e fomentar o cambio nos hábitos dos consumidores para evitar comportamentos que promovan o desperdicio de alimentos.

DOMINGO 10 DE XUÑO.

Aprendendo sobre a enerxía. 11.00 h Parque Montealegre. Inscrición obligatoria.

Esta actividade pretende facer comprender aos nenos como funciona a enerxía e como se transforma, a través dunha serie de experimentos onde se explicarán os distintos fenómenos e a importancia das enerxías renovables. Durante esta actividade elaboraranse un muiño de vento, un muiño de auga e unha placa solar con materiais reciclados e cotiáns. Actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos.

Roteiro ambiental. Familias exporadoras no tempo. 11.00 h Saída da Ponte Vella–Romana.

Esta actividade busca coñecer as orixes da nosa cidade dende a chegada dos romanos. Será unha viaxe no tempo ao longo da historia percorrendo a beira do río Miño para descubrir toda a súa riqueza ambiental. Discurrrirá dende a Ponte Romana ata Outaríz nas que se realizarán unha serie de paradas interpretadas e teatralizadas nas que deberán suporar unhas probas como ejercicios de inxenio e aprendizaxe.

MÉRCORES 13 DE XUÑO:

Pegada ecolóxica. 18.00 horas. Parque Angelita Paradela.

Trátase de calcular quen gasta mais do que precisa para vivir, quen deixa mais pegada ou rastro mediante unha batería de preguntas e respostas. Ao rematar o xogo terán completada unha pegada de diferente color si están actuando adecuadamente co noso planeta ou non e se lle indicarán que poden facer para mellorar.

Aprende a xogar en familia na natureza. 18.00 horas. Xardín do Posío Nesta actividade ensinaremos aos pais e nais diferentes xogos, dinámicas, técnicas e obradoiros para facer cos seus fillos na natureza. Deste xeito queremos demostrar a importancia do xogo na infancia como ferramenta para a aprendizaxe, así como relacionarnos en familia a través do xogo.

XOVES 14 DE XUÑO:

Eco-xincana. Escola de capitáns Planeta. 18.00 Parque Ingabad O Couto.

As e os participantes veranse envoltas nunha actividade dinámica e participativa que busca o compromiso das nenas e nenos co coidado da natureza. Mediante o xogo quérese fomentar o pensamento crítico para tomar actitudes maís responsables do medio.

Xogos populares ambientais. 18.00 horas Parque de San Lázaro.

A través de diferentes xogos populares (tres en raia, pañuelo, xogo de bolos de reciclaxe e xogo de memoria con tapones de plástico) preténdese estimular o interés pola natureza dos nenos e nenas, fomentar o respecto cara o medio ambiente e a flora en xeral, descubrir cales son os animais en perigo de extinción, coñecer os diferentes contenedores e que residuos hai que botar en cada un e estimular a concentración, imaxinación e atención do nenos e nenas.

VENRES 15 DE XUÑO:

Xogos populares ambientais. 18.00 horas Parque Diego González Blanco.

A través de diferentes xogos populares (tres en raia, pañuelo, xogo de bolos de reciclaxe e xogo de memoria con tapóns de plástico) preténdese estimular o interés pola natureza dos nenos e nenas, fomentar o respecto cara o medio ambiente e a floraen xeral, descubrir cales son os animais en perigo de extinción, coñecer os diferentes contenedores e que residuos hai que botar en cada un e estimular a concentración,imaxinación e atención dos nenos e nenas.

Obradoiro de sensibilización ambiental. Incendios forestais: Ti contas. 18.00 horas. Parque Beiramiño.

Esta actividade emprega o conto como ferramenta para traballar as causas dos incendios forestais, xa que implicar a toda a sociedade pode ser parte da solución.

Consiste nun conto teatralizado onde se amosa a complexidade que se agocha tras os lumes, os asistentes seguirán o relato de maneira participativa, polo que ao longo do conto pasarán a formar parte do mesmo.

A continuación, para reforzar os contidos que se lle queren trasladar, serán xornalistas por un día. Coa creación dunha nova na prensa búscase aprendender a ser crítico coa información que recibimos. Para concluir a actividade realizarase unha dinámica ou xogo para a posta en comían de todas as novas de prensea e realizar conclusions.