Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

As charlas comezarán ás 14:00 horas do sábado 10, coa inauguración oficial, pero non será até as 7:00 horas cando comecen as actividades formativas. A primeira, unha conferencia a cargo de Juan Carlos García, coleccionista e cofundador da Asociación Amigos da Camelia “Val do Turón”, de grande coñecemento no mundo da camelia e con experiencia en conferencias e cursos sobre técnicas prácticas sobre esta planta.

Tamén haberá tempo para a práctica coa confección de Mosaicos, guiados polo profesor Antonio Salvador Soares, e para as “Camelias Feiticeiras”, da man de Carla Carro Lago, que comezará confeccionando camelias de papel para rematar o taller coa aplicación de diferentes técnicas de pintura. A xornada de sábado rematará ás 19:00 horas. O domingo 11, a mostra estará aberta de 10:00 a 19:00 horas, e haberá tempo para cursos de enxerto, “tanto para profesionais como para iniciados”, en palabras de José María Mouta, presidente da Asociación Ibérica da Camelia. Cada participante contará con camelias de diferentes tamaños para a realización de varios tipos de enxertos.

“Dámoslle así continuidade a unha mostra que puxemos en marcha o pasado ano, con gran éxito de público que admirou máis dun millar de especies desta flor, tan representativa dos nosos xardíns, facendo as delicias daqueles que gostan do cromatismo, o aroma e a viveza das camelias”, reflexionaba José Araújo.