Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome mantivo esta mañá unha xuntanza co presidente, Rafael Castro, e o secretario, Abel Mares da delegación en Ourense do Colexio Arquitectos de Galicia para avanzar no proxecto de reforma das marxes do río Miño ao seu paso pola cidade. Concello e Colexio traballan da man para a próxima convocatoria dun concurso de ideas para que profesionais da arquitectura e da enxeñaría presenten as súas propostas para poñer en valor as ribeiras do río.

Esta é a segunda xuntanza que alcalde e colexio manteñen co obxectivo de “ultimar ese gran proxecto que queremos facer: a reforma da ruta termal que temos de 12,3 km á beira do río, sinalou o alcalde. Neste senso, dixo: “Vivimos de costas ao río e cada vez queremos acercarnos máis”. Pérez Jacome avanzou que o obxectivo do goberno municipal é que a obra se poda acometer no presente mandato.

Pola súa banda, Rafael Castro adiantou que o Colexio de arquitectos comezará a traballar xa cos técnicos do Concello para poñer en marcha o concurso. “É unha idea moi positiva para a cidade e temos que plasmar os nosos esforzos para que se presenten o maior número de equipos posible, que recibamos proxectos da maior calidade para que o resultado sexa o óptimo para a cidade”, asegurou o presidente de delegación ourensá do Colexio de Arquitectos.