Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Concello de Ourense retomará este sábado, 28 de setembro, a saída cicloturista da Semana Europea da Mobilidade, que tivo que ser suspendida o pasado sábado a causa do mal tempo. Especialmente pensada para as familias, e guiada por expertos, propón unha ruta polas dúas marxes do río Miño, saíndo ás 17:00 horas desde as piscinas de Oira até chegar á pasarela de Outariz, e regreso pola ribeira esquerda do río.

As persoas participantes aprenderán a revisar unha bici antes de saír, coñecerán medidas de precaución que se deben tomar, en especial na saída en familia e con nenos pequenos, e aprenderán como actuar en situacións de emerxencia. A actividade está organizada polo Concello de Ourense, Maese Bike e Biciescola. As prazas son limitadas e as inscricións pódense realizar en semana_da_mobilidade@ ourense.gal