Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

A Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa empresa concesionaria Ecourense dá resposta á demanda dos comerciantes de Ourense e activa un novo servizo de recollida de papel e cartón comercial.

Jorge Pumar, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente resalta que este plan permitirá darlle servizo a calquera empresa en calquera punto de Ourense, mellorando a xestión do cartón comercial, mellorar a estética das rúas e, sen dúbida, dar un salto cuantitativo e cualitativo na recollida de papel e cartón da cidade. Estas melloras só teñen un fin: mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a sustentabilidade urbana da nosa cidade.

O servizo arrinca cunha chamada ao teléfono gratuíto 900 81 00 81 con horario de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas ou en atención continua ao número móbil 617 26 63 35, que acepta tanto mensaxería (Whatsapp) como chamada de voz. Por estes medios o comerciante pode solicitar o servizo de recollida completamente gratuíto e á porta do seu establecemento.

Para Pumar este novo servizo, próximo e cómodo, debe ser clave para a aposta por un Ourense sustentable. Ademais, para o concelleiro, esta actuación porta a porta permitirá mellorar a estética urbana da cidade ao recoller o cartón comercial en orixe e evitar almacenamentos innecesarios nas beirarrúas de Ourense.

Esta actuación súmase á visita personalizada, roteiros específicos polas áreas de maior densidade comercial para atender os comercios en horario e días de forma xeral. O servizo complementará o anterior, ao ofertar roteiros en horario e día para maior comodidade do comercio. Multiplicará os seus esforzos para alcanzar o cuádruplo de rúas das actuais, xa que non só atenderá o centro de Ourense senón tamén as principais rúas comerciais dos barrios.

Por último, en previsión de darlle resposta á maior demanda que a campaña de Nadal xera en relación á xestión do cartón, o servizo de recollida actual dobrará os seus medios para darlle atención adecuada ao conxunto da cidade. Para Jorge Pumar, este novo servizo ten un fin: axudar o comercio para reciclar e mellorar a sustentabilidade do conxunto da cidade.