Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Concello de Ourense proponse organizar a primeira exposición participativa sobre a historia do Xardín do Posío, motivo polo cal solicítalles aos veciños a súa cooperación co fin de solicitar información sobre a historia do Posío, parque para moitos ourensáns de referencia da súa infancia. Para Jorge Pumar, tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente “esta acción é un paso máis no desenvolvemento do novo proxecto do xardín e unha nova demostración da miña determinación para que o proxecto xurda de maneira participativa”.

A idea nace da primeira reunión do grupo de traballo de reforma do Xardín do Posío, á proposta dos representantes veciñais, e ten dous fins: un, axudar o equipo redactor a coñecer o xardín dos sesenta e setenta, obxectivo do novo proxecto e, en segundo lugar, que a exposición se converta nunha visita para as familias onde o avó poida ensinarlle ao neto os xogos tradicionais e experiencias da súa infancia.

Para o desenvolvemento da exposición o Concello convida os ourensáns a presentar as súas fotografías que posteriormente formarán parte da mostra. Os veciños poderán presentar as súas fotografías ata o 28 de febreiro no Centro de Iniciativas Empresariais de Ourense, localizado na rúa do Padre Feijóo, 1, onde serán escaneadas para que os participantes poidan manter os seus orixinais; ou envialas á dirección de correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Nesta mesma localización, o Centro de Iniciativas Empresariais, terá lugar a exposición coas fotos compartidas por todos os veciños que voluntariamente decidiron participar nesta emotiva iniciativa. Para Jorge Pumar, tenente alcalde e concelleiro de Medio Ambiente, “o obxectivo da exposición é crear un espazo fotográfico de recordo, que nos traslade con agarimo e nostalxia aos anos de infancia nos que o parque se converteu no referente de lecer dos ourensáns”.