Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O alcalde en funcións e concelleiro de Medio Ambiente e Perímetro Rural, Jorge Pumar, visitou esta mañá o parque rural de Rairo, que foi obxecto de obras de mellora e posta en valor por parte do Concello cun investimento de 16.553,09 euros. As obras pretenden darlle resposta ás demandas que lles trasladou ao Concello a veciñanza do barrio e se enmarcan no obxectivo do goberno municipal de “darlle resposta ás demandas da veciñanza e ás parroquias do rural, que son un compromiso de mandato, actuando nas zonas que o precisan”, asegura o alcalde en funcións.

As obras consistiron na reforma e posta en valor dun parque municipal, moi utilizado na localidade de Rairo, de máis de 8.000 metros cadrados de superficie axardinada de recreo e uso sociocultural e deportivo por parte da veciñanza da zona, que se atopaba deteriorado, o que impedía a súa axeitada utilización. As intervencións consistiron basicamente en:

  • Reparación da fonte pública, que non funcionaba,
  • Recuperación da senda peonil que a veciñanza utiliza como ruta biosaudable, e que se atopaba en mal estado. Creouse un paseo con 1,20 metros de ancho de material compacto composto por xabre e cal para o seu correcto uso peonil
  • Actuacións para evitar os anegamentos e humidades que se producían no parque cando chovía, incluíndo a limpeza da cuneta de evacuación de augas pluviais e a reposición daquelas partes desta que estaban deterioradas.

Con estas obras, o Concello avanza na posta en valor dos espazos públicos nas localidades do perímetro rural da cidade. Unha liña de traballo na que quere avanzar co desenvolvemento do plan +Rural, que no día de onte lle presentou Jorge Pumar aos representantes da Federación Limiar, da Agrupación Miño e das asociacións non federadas do rural. Un plan participativo de actuacións e de obras no rural que pretende darlles resposta ás necesidades máis prioritarias dos seus veciños.