Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

A Concellería de Medio Ambiente, en colaboración co grupo Big Van Ciencia, lanza un novo proxecto educativo online coa fin de axudar as familias e divertir os nenos aprendendo. O proxecto tamén aposta por ofrecer recursos de educación científica en liña para reforzar os procesos educativos e seren un elemento de axuda para os educadores da nosa cidade.

Para Jorge Pumar esta idea xorde cun dobre obxectivo: “Servir de axuda para os pais, nestes días tan difíciles e, á vez, divertir os máis pequenos da casa cunha actividade entretida e educativa”. “As vocacións científicas e o respecto polo medio ambiente deben ser, máis que nunca, o centro do meu traballo no Concello”, asegura o concelleiro de Medio Ambiente e tenente de alcalde.
Cada xoves, lanzaranse un novo programa onde a ciencia e o humor se unen para entreter e divertir a toda a familia. A actividade poderá visualizarse, en aberto e de forma gratuíta, na canle de Youtube da Concellería de Medio Ambiente. Ao principio coñeceremos os personaxes e, posteriormente, aprenderemos conceptos chave de ciencia á vez que experimentamos con obxectos e líquidos que temos na casa.
Cada semana exporase, xunto co vídeo, un reto científico para realizar en familia e para que os máis pequenos da casa o resolvan, se graven explicando como o fixeron.

Para Jorge Pumar, “este tipo de actividades tentan darlles resposta ás necesidades cambiantes propias dunha situación de crise sanitaria coma a que estamos a vivir. É, ademais, unha ferramenta excelente para educadores, pais e nais que queiran compartir espazos de ciencia e diversión cos seus pequenos”.

Máis información en: