Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Concello de Ourense prohíbe o acceso e circulación de persoas adultas en bicicleta polos paseos fluvais dos ríos Miño e Barbaña durante os horarios autorizados polo goberno central para os realizar paseos e practicar deporte. Así o acordou esta mañá o alcalde de Oruense, Gonzalo Pérez Jácome, tras manter unha xuntanza na Alcaldía coa concelleira de Seguridade Cidadá, María Dibuja, o edil de Infraestruturas, Miguel caride, e a xefa da Polícia Local, María Barrera.

A prohibición do acceso en bicicleta será para as persoas de 14 anos en adiante, nos paseos fluviais dos ríos Miño e Barbaña ao seu paso polo termo municipal durante os horarios de paseo e deporte: de 6:00 a 10:00h e 20:00 a 23:00 h, mentres dure o estado de alarma.

O goberno municipal adopta esta decisión co obxectivo de solucionar os problemas de aglomeracións que se están a producir estes días, cunha importante afluencia de persoas aos paseos fluvais da cidade. Unha situación que dificulta manter a distancia social que se recomenda por motivos de seguridade e saúde.