Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Concello de Ourense lémbralles ás persoas titulares de terreos que teñen a obriga de xestionar a biomasa vexetal nos termos que define a Lei 2/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDCIF). Consonte a Resolución do 28 de abril de 2020 da Consellería de Medio Rural, dispoñen ata o 16 de xullo, inclusive, para o cumprimento voluntario da súa obriga.

As sancións por incumprir a Lei van até os 1.000 metros se a infracción é leve, ou até os 100.000 se é grave. Transcorridos os prazos sen que a persoa responsable xestione a biomasa ou retire as especies arbóreas prohibidas, o Concello poderá proceder á execución subsidiaria sen prexuízo da repercusión dos custos.

A norma establece unhas condicións de prevención específicas para as denominadas «redes secundarias de faixas de xestión de biomasa», cuxa función prioritaria é a protección dos núcleos de poboación, infraestruturas, equipamentos sociais, zonas edificadas, parques e polígonos industriais.

A lei obriga as persoas propietarias a xestionar a biomasa vexetal:

  • nunha franxa de 50 metros do perímetro ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable,
  • arredor de edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais situados a menos de 400 metros do monte e
  • arredor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.

Con carácter xeral, na mesma franxa de 50 metros non poderá haber árbores das especies sinaladas na disposición adicional terceira, como o eucalipto ou varias variedades de pino, entre outras.

En caso de incumprimento, o Concello pode proceder á execución subsidiaria e repercutir os custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas. As sancións por incumprir a norma poden ser de ata 1.000 euros en caso de infracción leve. No caso de ser considerada grave a contía máxima da sanción será 100.000 €

MÁIS INFORMACIÓN

As persoas interesadas poden obter máis información na Concellería de Medio Ambiente, na Praza de San Martiño, núm. 2, baixo, teléfono 988 388 135.