Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Participación cidadá

Áreas

O Concello de Ourense elaborará unha ordenanza municipal para regular o consumo de bebidas alcohólicas en espazos públicos.

As concelleiras de Sanidade, Sofía Godoy e Educación, Belén Iglesias, os edís de Limpeza e Medio Ambiente, José Araújo e Seguridade Cidadá e Participación Cidadá, Carlos Campos, e técnicas e técnicos das áreas de Sanidade, Comercio, Medio Ambiente, Limpeza, Participación Cidadá, Xuventude e Policía Local participaron esta mañá nunha xuntanza de traballo, que desde as 10:00 se desenvolveu no Centro Cívico da rúa Colón, para analizar esta problemática, realizar unha posta en común das diferentes accións que desde as concellerías se realizan en relación a esta problemática.