Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Participación cidadá

Áreas

AS CONSERVAS

A elaboración de conservas permítenos manter un alimento perecedoiro durante un período de tempo máis longo sen que sexa alterado por microorganismos ou axentes externos. Este método baséase no emprego dun envase que permite o peche hermético e un posterior tratamento térmico que asegure a destrución da maioría dos microorganismos, sen danar o alimento. Deste xeito conséguese alongar a vida útil do produto sen riscos sanitarios.
A transformación dos alimentos frescos en conserva axuda á diversificación de produtos creando novas receitas con texturas e sabores diferentes e atractivos para o consumidor. Poderíase dicir que as conservas son un método óptimo á hora de elaboración de novos produtos aproveitando a materia prima de calidade obtida nas hortas da comarca.

Inscripcións

Telf: 661 602 592

Mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.