Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Participación cidadá

Áreas

Web de Participación Cidadá

O Concello de Ourense ven de aprobar a convocatoria para a selección de proxectos Formativo-participativos para Participación Cidadá para o ano 2020.

O prazo de presentación de proxectos rematará o día 27 de agosto de 2019.

As persoas interesadas poden obter máis información na Concellería de Participación Cidadá, na Praza de San Martiño, 2, baixo.

As bases pódense consultar en (PDF) BASES_PARA_A_SELECCION_DE_PROXECTOS_FORMATIVOS-PARTICIPATIVO_1.pdf

A convocatoria pódese consultar aquí (PDF) Convocatoria_seleccion_cursos_2020.pdf

Concello de Ourense.

As asociacións de veciños da cidade impartirán 137 cursos no marco das accións formativo-participativas do Concello de Ourense. Pilates, zumba, ximnasia de mantemento ou manualidades son os máis demandados, pero hai outras alternativas coma a calceta, o corte e confección, a cociña tradicional ou o canto e pandeireta. Están destinadas a público de todas as idades, e anotarse é gratuíto: só é preciso ser socio dalgunha das máis de 50 asociacións de veciños. A área de Participación Cidadá destina 146.000 euros a este programa “co ánimo de darlle vida aos barrios, promover a interacción e os hábitos de vida saudables entre veciños”, en palabras do edil Carlos Campos.

Participación

O Concello de Ourense ven de aprobar a convocatoria para a selección de proxectos Formativo-participativos para Participación Cidadá para o ano 2019.

O prazo de inscrición rematará o día 15 de outubro de 2018.

As persoas interesadas poden obter máis información na Concellería de Participación Cidadá, na Praza de San Martiño, 2, baixo.

As bases pódense consultar en (PDF) Bases para a selección de proxectos formativos-participativos.pdf

A convocatoria pódese consultar aquí (PDF) Convocatoria_seleccion_monitores_1.pdf

 

 

 

Praza Maior

A Oficina de Atención ao Cidadán do Concello de Ourense prestou atención, no primeiro semestre de 2018, a 11.855 persoas que se dirixiron a este departamento para solicitar información, servizos ou presentar suxestións ao Concello. A cifra consolida o alto nivel de atencións e servizos que dispensa esta área municipal, que se consolida como canle de comunicación e contacto entre a cidadanía e o Concello: suma un total de 206.553 persoas atendidas desde a súa posta en marcha, en abril de 2008.

Foto fachada Concello

O Excmo. Concello de Ourense, ten entre outras a misión de favorecer a Participación Cidadá a través das Asociacións de Veciños no ámbito de xestión municipal, aumentando e mellorando o fortalecemento dos medios propios das mesmas, así como, favorecendo a realización de actividades que suplan ou complementen a actuación do Concello de Ourense, nos barrios e pobos.

Fotografía de conservas

Valorización de Productos da Contorna: ''Elaboración de Conservas''

¿Queres coñecer a importancia dos productos que tes na túa horta, aprender a conservalos? 

Aposta por darlle importancia aos productos de calidade que tes na túa contorna ... por calidade, por sabor e por sostenibilidade!

Foto presentación campaña

Bombeiros e técnicos apícolas e da Universidade de Vigo explicarán os pasos a seguir cando se atopa un niño desta especie invasora.
As primeiras charlas serán esta semana e percorrerán todas as entidades veciñais que así o desexen.

Web de Participación Ciudadana

O Concello de Ourense anuncia a resolución da convocatoria para a selección de proxectos formativo-participativos para Participación Cidadá para o ano 2018.

Reunión en el Centro Cívico Colón

O Concello de Ourense elaborará unha ordenanza municipal para regular o consumo de bebidas alcohólicas en espazos públicos.

Logo de Móvete por Ourense

O Concello de Ourense avanza nos pasos do MÓVETE POR OURENSE, o proceso de participación cidadá para a mellora da calidade ambiental e a mobilidade que procura a pacificación do tráfico e integración da bici no zona urbana de Ourense, e abre desde o 12 de xuño a convocatoria pública para que a cidadanía conforme o seu grupo motor. Até o 25 de xuño poderase enviar o formulario de inscrición do grupo motor que aparece na web municipal.