Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Participación cidadá

Áreas

O Plan ten como obxectivos:

  • 1. Potenciar o movemento veciñal, a través das súas asociacións veciñais, como instrumento de participación cidadá ante a administración local e como entidades xestoras de actividades de intereses sociais, gastronómicos, deportivos, culturais e medioambientais.
  • 2. Proporcionar medios locais e ferramentas ás Asociacións de Veciños para aumentar e mellorar o funcionamento interno das entidades xunto cun aumento participativo.
  • 3. Facilitar o desenvolvemento das actividades das Asociacións de Veciños e o acceso á información, que coadxuven e complementen a actividade municipal nos barrios e pobos.

Este PES resulta de aplicación directa a todas as subvencións concedidas anualmente pola Concellería de Participación Cidadá mediante os procedementos de:

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva, non competitiva e subvencións de concesión directa. Con carácter xeral, as subvencións concederánse en réxime de concorrencia competitiva; aínda que, a Concellería de Participación Cidadá poderá conceder mediante axuda directa aquelas subvencións que figuren como nominativas nos orzamentos municipais.

Así, as liñas estratéxicas de actuación recollidas non plan Estratéxico son as seguintes: Subvencións en réxime de concorrencia competitiva para actividades e funcionamento das asociacións de veciños; subvencións en especie para cesión de uso de locais e prensa diaria; subvencións para mobiliario e equipamento de asociación de vecinos. Por outro lado, estarían as subvencións de concesión directa: Os Convenios nominativos ca Federación de Veciños Limiar e a Agrupación Miño.

Documentos