Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Participación cidadá

Áreas

O Concello de Ourense aprobou a convocatoria de subvencións en especie de locais veciñais para asociacións veciñais e federacións ou agrupacións de asociacións de veciños para o ano 2020, para o que aproba un gasto de 138.000 euros. En aplicación do previsto no artigo 17 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e a fin de dar cumprimento aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como ao de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos, conforme ao disposto no artigo 8.3 da citada Lei, e segundo o previsto no Plan Estratéxico de Subvencións da Concellería de Participación Cidadá aprobado por acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión do 18 de maio de 2018, o Concello de Ourense, a través da Concellería de Participación Cidadá, establece as seguintes normas Reguladoras da concesión de subvencións en especie a Asociacións Veciñais, Federacións veciñais ou Agrupacións veciñais, que estean rexistradas no Rexistro de Entidades Cidadás do Concello de Ourense, correspondentes á LIÑA II, “Autorizacións de uso de locais municipais e prensa diaria”.

  • Obxecto destas bases: Regular a concesión de subvencións en especie ás Asociacións de veciños e federacións ou agrupacións de asociacións de veciños, consistentes, na cesión de uso de locais en réxime de alugueiro, destinados a sede das entidades veciñais, xunto cos seus gastos racionalizados de luz e auga, no seu ámbito xeográfico.
  • Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Ourense. Rematará o día 20 de decembro de 2019

Documentos: