Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Esta xornada de traballo, dentro do marco de desenvolvemento do proxecto Geoatlantic ten como obxectivo xeral planificar o traballo deste ano e poñer en marcha solucións para responder aos desafíos rexionais no ámbito da innovación, a eficiencia dos recursos, o medio natural e os bens culturais, co apoio ao desenvolvemento rexional e o crecemento sustentable.

O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, explicou que este programa ten unha duración de 36 meses e conta cun orzamento de 2.870.000 euros, dos que o 75% estaría subvencionado polo FEDER. “Buscamos un Ourense sustentable, unha cidade capaz de aproveitar os seus recursos e de situarse como pioneira e un modelo a seguir internacional no campo da xeotermia”

O proxecto Geoatlantic enmárcase dentro do Programa Espacio Atlántico, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europeo (FEDER) da UE, e subvenciona propostas de cooperación entre distintas organizacións das rexións da costa atlántica de Europa (Reino Unido, Portugal, Francia e España) en determinados eixos temáticos prioritarios.