Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Concello de Ourense e a Fundación Telefónica poñerán en marcha a finais de xaneiro a acción formativa “Big Data Business”, o segundo módulo do proxecto ‘Conecta Empleo’ que dende o pasado mes de novembro están a realizar ambas institucións para ofrecer formación en competencias dixitais e tecnolóxicas co gallo de facilitar a inclusión laboral dos ourensáns e ourensás neste novo nicho empresarial.

“Trátase dunha proposta pioneira e de referencia en toda España para a formación e busca de emprego no marco das novas tecnoloxías”, salientou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación deste acción formativa que ofrecerá un total de 25 prazas.

O rexedor recordou que o primeiro curso de formación do proxecto ‘Conecta Empleo’, o módulo Big Data Processing, supuxo “a primeira vez que a Fundación Telefónica ofreceu fóra de Madrid ou Barcelona unha formación tan exhaustiva e completa” polo que chegou a contar con solicitudes de persoas residentes noutros puntos do país, como Sevilla.

“Ao longo de dous meses formamos aos futuros profesionais dun sector novo, que crea emprego e que demanda profesionais con cualificación. Ademais, posicionamos a Ourense como referente formativo e canteira de profesionais”, dixo o rexedor.

A presentación da nova acción formativa tivo lugar durante unha visita aos alumnos do módulo Big Data Processing, nun acto que tamén contou coa presenza do concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Jorge Pumar; da directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez e do director de Relacións Institucionais da Fundación Telefónica, Joan Cruz.

Dezasete alumnos están a piques de rematar esta primeira actividade formativa, e máis da metade atópanse na busca dun emprego.

O curso Big Data Business

O segundo módulo terá lugar entre o 28 de xaneiro e o 14 de marzo no Centro de Innovación Social Dixital La Molinera, de 8:30 a 14:30 horas. Poderá participar calquera persoa con máis de 18 anos e estudos básicos ou medios (ESO, Bacharelato, FP Básica, FP Grao Medio). Os alumnos serán elixidos tras a súa pre inscrición e logo de superar un test de aptitude lóxico-matemática e unha entrevista.

Ao longo da súa formación, o alumnado desenvolverá a súa capacidade de conceptualizar proxectos de transformación dixital, aprenderán metodoloxías de visualización e adquirirán coñecemento do potencial das disciplinas que configuran o Big Data: Arquitectura Big Data, Enxeñería Big Data, Data Science/Machine Learning y Data Visualización.

O curso será gratuíto. Tras os dous meses de formación os alumnos presentarán os seus proxectos a empresas locais. As plazas serán limitadas e as persoas que desexen inscribirse poderán facelo a través da dirección: FUNDACIÓN TELEFÓNICA

O alcalde de Ourense agradeceu a Fundación Telefónica a súa colaboración nun proxecto que “converte en oportunidades de futuro os retos dunha sociedade cambiante”.

Nesta mesma liña manifestouse o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, que destacou que “esta sinerxía entre a Fundación Telefónica e o Concello, a través do programa ‘Conecta Empleo’ posiciona a Ourense como referente da nova empregabilidade, na formación e busca de emprego nas profesións do sector tecnolóxico que teñen unha gran demanda hoxe en día, pero que tamén presentan unha maior proxección no futuro”.

Pola súa banda, o director de Relacións Institucionais da Fundación Telefónica, Joan Cruz destacou que ‘Conecta Empleo’ “é unha plataforma pioneira no ámbito do emprego na que investimos un gran esforzo investigador”.

O obxectivo de ‘Conecta Empleo’ é servir de ponte entre empresas tecnolóxicas e a veciñanza desempregada de Ourense a través da formación en materias relacionadas cos perfiles tecnolóxicos máis buscados.

Ademais, a nova plataforma de carácter aberto de ‘Conecta Empleo’ MAPA DEL EMPLEO recolle os 23 perfís dixitais con maior demanda de emprego en España. Entre os traballos dixitais máis solicitados destacan: Desarrollador Java (máis de 5.000), Backend, Frontend, FullStack e Bases de Datos.