Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Os obradoiros tecnolóxicos para escolares organizados polo Concello no centro de coñecemento La Molinera chegarán mañá, venres, 13 de decembro ao seu remate cunha xornada de portas abertas Demo Day STEAM para darlle a oportunidade ás familias e á cidadanía en xeral de coñecer as actividades que alí se desenvolveron. O público que se achegue tamén terá a posibilidade de interactuar co robot R4 ou experimentar a realidade virtual. Desde o mes de outubro máis de 100 mozas e mozos entre 8 e 18 anos participaron en 10 obradoros tecnolóxicos STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte, Matemáticas), cunha alta diversidade formativa, totalmente práctica, de 7 horas e media de duración, en 5 sesións. As temáticas foron realidade virtual, drons, realización dunha app, róbotica, facer o teu primeiro videoxogo, achegarse ao mundo Hacker, realizar xoguetes en 3D e interactuar coa Intelixencia artificial e robótica.

“Foi unha inmersión tecnolóxica, que nos permite avanzar, e desde o centro de coñecemento La Molinera, dependente da Concellería de Emprego e Educación, estamos promovendo a democratización da tecnoloxía nas idades temperás”, sinalan os organizadores.

Durante a xornada de portas abertas, de 11.00 a 13.30 horas, o público poderá interactuar e programar o robot R4 de Abanca, e de 16.00 a 19.00 h, apreciar o traballo realizado nos obradoios.

Ás 19.00 horas a concelleira de Educación e Promoción económica, María Teresa Rodriguez Garrido entregaralle os diplomas ao alumnado que participou. Paralelamente durante a tarde, poderán experimentar unha aventura mediante as lentes de realidade virtual e coñecer ao robot R4. Este programa realizouse grazas á colaboración de Abanca e á súa aposta pola realización de actividades no centro de coñecemento La Molinera.