Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Concello de Ourense organiza 18 novas actividades formativas de achegamento ás novas tecnoloxías para a cativada, a mocidade e as persoas adultas. As persoas interesadas poderán inscribirse desde mañá, mércores, día 5 de febreiro, Espazo web de La Molinera

A oferta para maiores de 16 anos inclúe 8 obradoiros de fabricación dixital, cun total de 160 prazas. Desenvolveranse na Aula CeMIT de La Molinera (na rúa do Abrevadeiro, 1), en horario de mañá:

  • Deseño vectorial e corte laser, desde o 17 de febreiro
  • Fabricación de impresora 3D XL (segunda parte) desde o 19 de febreiro
  • Escaneado de obxectos en 3D, desde o 2 de marzo
  • Iniciación ao deseño 3D-Tinkercad, desde o 9 de marzo
  • Impresión en 3D, desde o 23 de marzo
  • Fabricación dixital de xoguetes para bibliotecas e animación á lectura, desde o 15 de abril
  • Reparación e calibración de impresoras 3D, desde o 2 de abril

A programación para a cativada e a mocidade inclúe 10 obradoiros, con 12 prazas cada un (120 en total). Que se desenvolverán polas tardes (de 16.30 a 18.00 ou de 18.15 a 19:45):

Cursos para rapazada de 8 a 12 anos:

  • Youtube. Cámara e acción, primeiros pasos para acadar o teu soño (os luns, desde o 17 de febreiro, ás 18 h)
  • Creatividade dixital: Crea o teu xogo en Scape Room (os venres desde o 21 de febreiro, ás 18.15 h

Cursos para alumnado de 12 a 16 anos:

  • A túa primeira película en 3D, os martes desde o 18 de febreiro ás 18,15 h
  • Domótica para a rapazada, os xoves desde o 20 de febreiro ás 18:15 h
  • Primeiros pasos en programación: Roblox creativo, os venres desde o 21 de febreiro, ás 16:30 h

Obradoiros interxeneracionais (para maiores de 12 anos)

  • Drons: programación e restos de pilotaxe: desde o 18 de febreiro, os martes ás 16:30 h.
  • Iniciación á impresión 3D, desde o 19 de febreiro, os mércores ás 16:30 h
  • Crea o teu primeiro kart eléctrico, desde o 19 de febreiro, os mércores, ás 18.15 h
  • Robótica (nivel 1): semáforo intelixente, desde o 20 de febreiro, os xoves ás 16:30 h
  • Robótica (nivel 2): creación de aparcamentos intelixentes, desde o 2 de abril, os xoves ás 16:30 h.