Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Centro de Intelixencia Artificial (cIA) do Concello de Ourense retoma esta semana o ciclo Os venres con IA, desta vez coa profesora da UNED Ángeles Manjarrés, que falará de "Intelixencia Artificial e Axenda 2030".

Na charla, que se emitirá online este venres ás 12:00 horas a través da canle de vídeos do cIA. analizarase desde unha perspectiva crítica a potencial contribución das tecnoloxías intelixentes á satisfacción dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas, e preséntanse ferramentas, metodoloxías e técnicas de soporte ao desenvolvemento de aplicacións coherentes con este propósito.

Segue a charla en streaming

Toda a información, en intelixencia-artificial.ourense.gal