Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O proxecto Ourense + foi presentado aos axentes sociais, empresariais e ambientais da cidade co fin de dar a coñecer as súas accións e obxectivos, así como para abrir vías de comunicación e cooperación cos distintos axentes sociais para o desenvolvemento do proxecto e o fomento da economía verde na cidade. Ourense + conta cun orzamento de 158.627 euros dos cales un 80% é financiado pola Fundación Biodiversidade e o FSE.

A Fundación Biodiversidade, aprobou recentemente a participación do proxecto Ourense +, promovido polo Concello de Ourense, desde a concellaría de Promoción Económica, no programa Emprega Verde.

O Programa Emprega Verde é un programa promovido desde o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e a Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendimiento e o Medio Ambiente. O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.

O proxecto, cunha duración de 12 meses, ten como obxectivo principal o promover a cultura emprendedora verde entre a sociedade, apoiando as ideas e proxectos que propoñan emprendedores para converterse en realidades empresariais. O proxecto actúa na promoción de novos proxectos empresariais nun dos sectores craves do futuro da economía europea, o sector Verde.

Entre os beneficiarios desta convocatoria atópanse, entre outros, asociacións empresariais, fundacións e asociacións ambientais.

Nas distintas iniciativas do proxecto Ourense + poden participar emprendedores, desempregados, traballadores por conta allea con proxectos emprendedores ou autónomos. Todas as iniciativas do proxecto Ourense + son gratuítas para os usuarios ao ser cofinanciadas polo Concello e o Fondo Social Europeo a través da Fundación Biodiversidade.

O alcalde, Jesús Vázquez Abad, sinalou que "estamos ante un proxecto creado para dar resposta ás principais necesidades do futuro empresario. Sentamos as bases e achegamos ferramentas para axudar ás iniciativas empresariais que xurdan amparadas na coñecida como Economía Verde".

O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, resaltou que "o proxecto é unha ferramenta máis posta a disposición dos emprendedores que pretende acompañar ao futuro empresario/a desde o momento da idea, ata a súa primeira venda, pasando polas fases de maduración do proxecto e posta en marcha do mesmo".