Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Ourense, 21 de abril de 2018

Xeotermia, marca persoal, empregabilidade e ética xurídica do ciberespazo son algúns dos temas que abordará o Centro municipal de innovación La Molinera na súa ampla programación da próxima semana.

Comezará o martes, 24, desde as 11:00 horas, coa xornada “Enerxía Xeotérmica”. Nela profundizarase no potencial que a cidade ten nesta modalidade enerxética, que provén da calor natural do interior da terra, e que pode utilizarse para climatizar e obter auga quente sanitaria de forma ecolóxica. A actividade, aberta a todos os públicos, desenvolverase de 11 a 13:30 horas.

O programa está formado por 6 temas:

  • Qué é a enerxía xeotérmica? Tipos e aplicacións
  • Xacemento xeotérmico da cidade de Ourense: orixe
  • Inventario das manifestacións xeotérmicas en Ourense
  • Usos terapéuticos das augas termais: principios de aproveitamento
  • Usos enerxéticos do calor xeotérmico: xeotermia natural
  • Usos enerxéticos do calor xeotérmico: xeotermia indirecta con bomba de calor.

Tamén o martes, pola tarde, o programa dirixido á mocidade “La Akademia Ourense” abordará a “Marca persoal”, desde as 18:00 horas, da man de Luis Estévez.

O mércores e o xoves, de 10 a 14h, La Molinera acollerá as Xornadas de Empregabilidade. Despois de 5 meses de arduo traballo, as persoas que participan na III Lanzadeira de Emprego de Ourense queren compartir todo o que levan aprendido en canto á maneira de buscar traballo e, con elo, do novo paradigma laboral. Por este motivo, o equipo que conforma o programa organiza unhas xornadas nas que darán a coñecer diferentes aspectos vencellados á búsca de traballo.

O mércores, 25 de abril, de 10 a 14h, haberá 2 presentacións:

  • “Novo paradigma laboral”, de Grace Salazar León.
  • “Do Cv 1.0 ao 3.0. Consellos para facer un CV”, de Noemí Conde Cid e Manuel Gómez.

O xoves, 26, tamén de 10 a 14h:

  •  “LinkedIn para principiantes”, por Grace Salazar León e Manuel Gómez Pérez.
  • “Habilidades de Comunicación e mercadotecnia”, de Ariadna Covela Iglesias, Ana González López e Carolina Leal Sueiras.

As xornadas continuarán a semana seguinte, con 2 novas sesións

Internet e liberdade de expresión

O xoves, a partir das 18:00h, será o turno de analizar Internet e os limites da liberdade de expresión. Cara a unha ética xurídica do ciberespazo, coa charla ”Internet e os dereitos cívicos da cibercidadanía. Cómo frear o odio nas redes sociais?”, a cargo da avogada Beatriz Calavia Rodríguez. Esta actividade forma parte do programa “Xoves inspiradores”, que cada semana aborda novas temáticas relacionadas coas tecnoloxías. Durante este mes, estivo adicado ao ciberacoso na infancia e adolescencia e a identidade dixital.

eSTART Ourense más

Por outra banda, ata o día 30 de abril está aberto o prazo de inscrición para o programa eSTART AceleradoraDeIdeas de OUrense Más , que ten como finalidade apoiar a creación de empresas sostibles, fomentar o a formación e o emprego de calidade, cunha serie de actividades que se desenvolverán desde o día 30 de abril ate o 4 de xuño. As persoas interesadas póden recibir máis información en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e www.ourense.gal.