Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

A Concellería de Promoción Económica ofrecerá a partires do vindeiro 11 de xullo na Molinera “O meu primeiro imposto”, un proxecto enmarcado dentro do programa Ourense+ que consiste en 100 horas de formación a parados e traballadores por conta propia ou allea, co obxectivo de que aprendan a realizar os trámites administrativos precisos no caso de montar a súa propia empresa.

O prazo de inscrición para esta actividade remata o vindeiro 10 de xullo. Os interesados en inscribirse poderán facelo a través da dirección de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Poderán apuntarse traballadores por conta allea ou propia e parados dados de alta no INEM. Están previstas a10 prazas, pero o número podería incrementarse segundo a demanda.

O Programa Ourense+ e unha aposta do Concello de Ourense, en colaboración coa Fundación Biodiversidade e o Fondo Social Europeo para dar resposta ás principais necesidades dos futuros empresarios. Trátase dunha aposta pioneira, que acompaña aos emprendedores á hora de crear un proxecto empresarial propio.

“Queremos realizar accións de este tipo, directas e efectivas, para que os emprendedores ourensáns teñan unha resposta inmediata e útil a tódalas súas dúbidas. O noso obxectivo é axudalos e que saiban que os acompañamos dende que teñen unha idea até a súa primeira venta”, sinala o concelleiro de Promoción Económica Jorge Pumar.

A través do programa “O meu primeiro imposto” os alumnos aprenderán a resolver os trámites necesarios para formar os seus proxectos empresariais así como a realizar sen dificultade as xestións administrativas que supón ter unha empresa.

Así, o programa ofrecerá formación sobre os primeiros pasos a dar, na Axencia Tributaria (AEAT) e na Seguridade Social, cando se pon en marcha un proxecto empresarial. Tamén se lles ensinará coma realizar a alta no censo de empresarios, profesionais, ou no réxime especial de traballadores autónomos (RETA); a inscrición da empresa, e os trámites relacionados coa contratación dos traballadores.

Outro dos eixos do curso ensinaralle aos alumnos a cubrir os seus impostos: o IRPF, o Imposto sobre Sociedades e o Imposto sobre o Valor Engadido. Ademais se dará preparación para que saiban traballar coa Administración electrónica e cubrir os trámites necesarios na Consellería de Economía, Emprego e Industria ou no Rexistro Mercantil.