Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Como novidade, esta cuarta edición non estará destinada exclusivamente a mozas, senón que a súa participación ábrese a persoas en situación de desemprego con idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos. Poderán ter calquera nivel de estudos e proceder de calquera sector laboral

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa, que en anos anteriores rexistrou unha media de inserción laboral do 60%, dispoñen ata o 31 de outubro para presentar a súa inscrición na web de Lanzadeiras, no Centro de Iniciativas Empresariais ou na Oficina de Atención Cidadá

A próxima Lanzadeira de Emprego de Ourense será a cuarta que funcione na cidade tras as tres edicións anteriores celebradas en 2016 e 2017 que remataron con moi bos resultados, xa que o 60% dos seus participantes modificaron a súa situación laboral: atopando traballo por conta allea, promovendo o seu propio negocio ou cursando Certificados de Profesionalidade con acceso a prácticas laborais.

"A posta en marcha de proxectos que beneficien a empleabilidad e a creación de postos de traballo é un dos principais obxectivos do Grupo de Goberno. O éxito das tres edicións anteriores da lanzadeira é un aval de que se está facendo ben o traballo: dando formación e oportunidades a ourensáns que están a atopar traballo ou ben montando as súas propias empresas", sinala o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

O rexedor destaca que o Concello "dará sempre todo o seu apoio a proxectos como este, que supoñen un reforzo das habilidades profesionais e dá novas ferramentas aos ourensáns en situación de desemprego para que accedan ao mercado laboral de forma efectiva. Dar resposta ás necesidades do día a día dos nosos cidadáns, especialmente en materia laboral e social, é prioritario para o Grupo de Goberno", sinala o alcalde de Ourense Jesús Vázquez.

Pola súa banda, o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, definiu a colaboración coa Fundación Santa María a Real e a Fundación Telefónica como "unha oportunidade para ofrecer alternativas laborais efectivas para os ourensáns que queren acceder ao mercado laboral. Con este proxecto, os participantes aprenderán a traballar en equipo e a ter novas dinámicas á hora de enfrontarse a entrevistas de traballo ou se queren montar o seu propio negocio".

Persoas destinatarias

A IV Lanzadeira de Emprego comezará a funcionar en novembro e dispoñerá de 20 prazas, destinadas a persoas en situación de desemprego con idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos. Poderán participar persoas con calquera nivel formativo (sen estudos, ESO, Formación Profesional, Bacharelato ou estudos universitarios), e procedentes de calquera sector laboral, con ou sen experiencia previa.

Con iso perséguese configurar un equipo o máis variado e heteroxéneo posible para que entre os seus integrantes non exista competencia á hora de buscar traballo, senón que compartan coñecementos e experiencias, e aposten por unha cultura colaborativa para impulsar o seu acceso ao mercado laboral.

Que farán nas lanzadeiras?

As vinte persoas que resulten seleccionadas, reuniranse varios días á semana en locais cedidos @gratuitamente polo Concello de Ourense. Coa guía e orientación dun técnico especializado da Fundación Santa María a Real levarán a cabo diversas actividades para optimizar a súa procura de traballo: talleres de intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e procura de emprego 2.0; adestramento de entrevistas de traballo; elaboración de mapas de empleabilidad e visitas a empresas.

Optimizar a procura laboral

"A lanzadeira non é un mero curso para actualizar o currículo. Tampouco é unha axencia de colocación onde damos traballo aos participantes. É un programa intensivo de cinco meses para axudar a persoas desempregadas a activar e optimizar a súa procura de traballo no mercado actual, con novas técnicas que lles permiten gañar confianza e seguridade nas entrevistas, e con novas actividades que lles achegan ao tecido empresarial", explica o director de Lanzadeiras, Álvaro Retortillo, quen lembra que o programa se ha consolidado en todo o país "como unha ferramenta innovadora e eficaz na loita contra o paro".

Bos resultados

"As lanzadeiras son un proxecto ilusionante e innovador no seu enfoque e na súa aposta por entender o traballo colectivo como unha maneira de superar a situación de desemprego. Desde Fundación Telefónica apoiamos esta iniciativa buscando ser un axente multiplicador que potencien os seus bos resultados, axudando a persoas desempregadas a atopar o seu camiño laboral", agrega o Director de Relacións Institucionais desta entidade, Joan Cruz.

Prazo de inscrición

As persoas interesadas en participar no programa, de carácter gratuíto e voluntario, dispoñen ata o 31 de outubro para inscribirse a través da web de Lanzadeiras (http://www.lanzaderasdeempleo.es/formulario-de- inscripcion) ou en formato presencial, solicitando, enchendo e entregando o correspondente formulario de inscrición nas dependencias do Centro de Iniciativas Empresariais (Rúa Pai Feijoo, 1ª), en horario de 8 a 15 horas; ou na Oficina de Atención Cidadá ( Concello, Praza Maior, 1), de 9 a 14, e de 16 a 20 horas.

Documentación