Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Concello de Ourense vén de entregarlle á Cruz Vermella un total de 350 xoguetes realizados nas impresoras 3D da Molinera dentro ca campaña “Fabricando Sorrisos 2018”, para que os Reis Magos tamén cheguen aos fogares dos nenos e nenas de familias con escasos recursos ou en risco de exclusión social.

A campaña pulverizou todas as expectativas, xa que se entregaron máis do dobre dos 150 xoguetes que inicialmente estaban previstos.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar fixeron entrega dos paquetes de xoguetes ao presidente da Cruz Vermella de Ourense, Felipe Ferreiro, para que a entidade se encargue da distribución dos lotes antes da chegada dos Reis Magos.

“As Administracións públicas teñen que poñer os seus recursos á disposición dos que máis o precisan”, sinalou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, ao facer entrega dos xoguetes realizados coas impresoras de La Molinera.

Na súa intervención, o rexedor agradeceu o “esforzo e compromiso” do equipo de la Molinera e recordou que “estes 350 xoguetes, foron posible grazas ás impresoras 3D elaboradas neste espacio, e a un traballo de moitísimas horas por parte dos técnicos” desta instalación municipal.

O alcalde destacou a importancia dunha iniciativa que o Concello puxo en marcha o pasado ano, no que se fixo entrega de xoguetes aos nenos ingresados no Complexo Hospitalario Cristal Piñor, e que este ano confirmouse con “350 xoguetes adaptados para os máis cativos e que, ademais de permitirlles xogar, servirán para que poidan desenvolver diversas competencias”.

Os xoguetes realizados nas impresoras 3D da Molinera responden ao obxectivo sinalado por educadores para que permitan aos pequenos e pequenas xogar e aprender ao mesmo tempo, e que non sexan xoguetes sexistas.

O presidente de Cruz Vermella de Ourense, Felipe Ferreiro, agradeceu “a aposta que se vén facendo desde o Concello de Ourense” para que “os nenos usuarios, en situación de exclusión social reciban xoguetes e manteñan a ilusión destas Festas”.

--