Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Promoción Económica no Centro de Innovación e Coñecemento La Molinera, organiza unha nova edición dos “Campamentos Tecnolóxicos de Verán La Molinera Kids 2019”, unha aposta municipal pola educación non formal. Estas actividades están destinadas a mozos e mozas entre 8 e 16 anos co obxectivo de que empreguen o seu tempo libre de verán participando nas actividades de carácter lúdico, cultural, tecnolóxico e formativo, que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o enriquecemento persoal e vital

Ofértanse 150 prazas para todos os obradoiros, 30 por cada campamento.

Campamento I, Audiovisuais. Do 24 ao 28 de xuño. De 9:30h a 14:00 horas. Creación de Stop-motion; creación dunha curtametraxe de animación 3D; eSports.

Campamento II, Realidade Virtual. Do 1 ao 5 de xullo. De 9:30 a 14:00 horas. Creación do seu propio mundo virtual; creación de animacións 360º; eSports.

Campamento III, Arquitectura 3D. Do 8 ao 12 de xullo. De 9:30 a 14:00 horas. Creación dunha vivenda en 3D; eSports.

Campamento IV, Drons. Do 15 ao 19 de xullo. De 9:30 a 14:00 horas. Pilotaxe dun dron; simulador de drons; eSports.

Campamento V, Vídeoxogos. Do 22 ao 26 de xullo. De 9:30 a 14:00 horas. Creación do seu propio videoxogo; creación da súa peza en impresión 3D; eSports.

Poderán solicitalos rapazas e rapaces nacidos entre os anos 2003 e 2011, ambos incluídos. As solicitudes deberán presentarse online a través do formulario do espazo web de  La Molinera podendo inscribirse en dous campamentos, como máximo - deberá elixir só un deles-.

O prazo de presentación será dende o luns, 27 de maio, até o mércores, 5 de xuño, ás 24:00h. As prazas asignaranse por sorteo público, e as persoas admitidas publicaranse na páxina web de La Molinera e no taboleiro da mesma.