Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o reitor da Universidade Española de Educación a Distancia, Ricardo Mairal Usón asinaron esta mañá o convenio polo que a UNED vai colaborar cientificamente no proxecto de posta en marcha dun Centro de Intelixencia Artificial na cidade de Ourense.

O Concello dá así “un paso de xigante para saír do atraso en que se atopan a nosa cidade e a nosa provincia”, manifestou o alcalde. “Estamos ante un cambio absoluto na tendencia da humanidade, a intelixencia artificial adentraranos nun mundo descoñecido que nos vai transformar, e non podemos esperar un segundo máis para estar á fronte dos cambios que se aveciñan”, asegurou Pérez Jácome tras asinar o convenio.

O alcalde subliñou a importancia de contar co apoio dunha entidade como a UNED, a maior universidade de España en número de alumnos e alumnas para avanzar no obxectivo do Concello: crear en Ourense o maior centro de Intelixencia Artificial de España