Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O proceso para concretar a concesión de axudas, que serán de 2.000  euros e individuais, para autónomos, pemes e pequeno comercio, entra na  súa recta final, segundo anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. O borrador das bases inclúe como requisito que os beneficiarios das mesmas sexan persoas físicas que veñan realizando de forma habitual, persoal e directa, unha actividade económica a título lucrativo dentro do termo municipal de Ourense, sempre que o desempeño de dita actividade non estea suxeita a contrato de traballo pon ningunha empresa e figure dada de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), así coma no Imposto sobre Actividades Económicas, e se teña visto afectada pola crise da COVID-19, en función do Real Decreto de Alarma do Goberno Central.

A convocatoria esténdese nos mesmos termos aos profesionais que traballen por conta propia sen vencello con ningunha empresa, e figuren de alta tanto no RETA coma na Mutualidade de Previsión Social correspondente. Deberase estar dado de alta no Réxime da Seguridade Social ou na Mutua profesional correspondente e en Facenda, con anterioridade ao 14 de marzo de 2020. É dicir: os solicitantes deberán ter o domicilio fiscal e, no seu caso, o local de desenvolvemento da actividade, no termo municipal de Ourense.

O rexedor aclara que se trata dun borrador que se espera concretar esta mesma semana para seguir coa tramitación, que concluirá a vindeira semana coa aprobación das bases da concesión de axudas na xunta de goberno local. O obxectivo do alcalde é “que teña a menor burocracia posible para que poida chegar canto antes os beneficiarios”.

O proceso para concretar a concesión de axudas, que serán de 2.000
> euros e individuais, para autónomos, pemes e pequeno comercio, entra na
> súa recta final, segundo anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez
> Jácome. O borrador das bases inclúe como requisito que os beneficiarios
> das mesmas sexan persoas físicas que veñan realizando de forma habitual,
> persoal e directa, unha actividade económica a título lucrativo dentro
> do termo municipal de Ourense, sempre que o desempeño de dita actividade
> non estea suxeita a contrato de traballo pon ningunha empresa e figure
> dada de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), así
> coma no Imposto sobre Actividades Económicas, e se teña visto afectada
> pola crise da COVID-19, en función do Real Decreto de Alarma do Goberno
> Central.
>
> A convocatoria esténdese nos mesmos termos aos profesionais que
> traballen por conta propia sen vencello con ningunha empresa, e figuren
> de alta tanto no RETA coma na Mutualidade de Previsión Social
> correspondente. Deberase estar dado de alta no Réxime da Seguridade
> Social ou na Mutua profesional correspondente e en Facenda, con
> anterioridade ao 14 de marzo de 2020. É dicir: os solicitantes deberán
> ter o domicilio fiscal e, no seu caso, o local de desenvolvemento da
> actividade, no termo municipal de Ourense.
>
> O rexedor aclara que se trata dun borrador que se espera concretar esta
> mesma semana para seguir coa tramitación, que concluirá a vindeira
> semana coa aprobación das bases da concesión de axudas na xunta de
> goberno local. O obxectivo do alcalde é “que teña a menor burocracia
> posible para que poida chegar canto antes os beneficiarios”.