Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, anunciou o calendario das axudas a autónomos e pequeno comercio: a convocatoria publicarase no mes de xullo, período no que se abrirá o prazo de solicitude de entrega de documentación.

“Fomos pioneiros en anunciar axudas aos autónomos”, asegura o alcalde, e “fomos os primeiros en dicir que estas axudas teñen que ser lineais, que son as máis xustas”, afirma, e “somos tamén o Concello que máis diñeiro destina a estas axudas”, 2.000 euros por persoa.

Os solicitantes deberán acreditar que tributan o Imposto de Actividades Económicas (IAE) en Ourense -non será necesario estar censado no Concello, pero si tributar na cidade-, estar dado de alta no réxime xeral de autónomos ou nalgunha mutua profesional -acreditado cos últimos recibos-, así como asinar unha declaración responsable de que se produciu unha caída dos ingresos nun 50% co estado de alerta.

“A tramitación farase nun tempo récord”, adianta o alcalde: a partir do 1 de setembro comezarase a pagar a todas aquelas persoas que superen as condicións esixidas.