Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Concello de Ourense alenta a cultura emprendedora co ciclo de charlas por Internet “Ourense innova”, unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica desde o centro municipal La Molinera. Profesionais de prestixio en diferentes ámbitos debullarán en seminarios a través da Internet (webinars) as claves da situación económica actual, o futuro do comercio e o turismo e propoñerán novas ideas e estratexias de empregabilidade para os novos tempos que se aveciñan. Cada sesión terá tres participantes, moderados por Modesto Gómez, máximo responsable (CEO) de Enxeño Galicia. As persoas interesadas podem inscribirse a través da web de La Molinera Hai 100 prazas en cada sesión.

PROGRAMA COMPLETO

Nova economía. 6 de xullo 10:00h, dirixida a profesionais, autónomos e empresas, con:

  • Francisco Conde, conselleiro de Economía da Xunta de Galicia
  • Santiago Lago, economista, profesor da Universidade de Vigo no campus de Ourense e coordinador do comité de expertos económicos para a reconstrución trala pandemia da administración autonómica.
  • Marta Rodríguez, profesora de Empresa e Turismo da Universidade de Vigo e coordinadora da Aula Universitaria da UNED en Monforte de Lemos

Novo turismo. 9 de xullo, 18:00h, para profesionais do sector, con:

  • Cesáreo Pardal, presidente do Clúster do Turismo de Galicia
  • Alberto Félix Traversa, director comercial de La Alacena Roja, a revista sectorial con maior tirada en Galicia
  • Diego Di Paolo, director nas Illas Baleares de Welcome Incoming Services de Globalia, traballou durante tres anos en Turismo de Galicia e foi concelleiro de Turismo de Rieti.

Emprender mola. 13 de xullo, 18:00 h, orientada a estudiantes de ultimo curso de ensino superior, con:

  • Carmen José López, directora de Lustrum Abogadas, foi presidente de AJE Galicia.
  • Marcos Balboa, o seu sucesor na presidencia de AJE Galicia
  • Lois Babarro, presidente de AJE Ourense.

Define o teu futuro. 20 de xullo, 18:00 h, para estudantes de último curso de Bacharelato.

  • Carlos Varela, pedagogo que desenvolveu múltiples traballos nas administracións locais e autonómicas no marco da mocidade.
  • Priscilla Mariscal, orientadora da ONG Centinela que axuda a mulleres en risco de exclusión social.
  • Modesto Gómez, director de Enxeño Galicia, desenvolvedor de talento e coordinador deste ciclo.

Novas ideas 23 de xullo 18:00 h para profesionais que queren reinventarse

  • Silvia Fraga, directora xeral de estratexia e marca de Plexus Tech, conferenciante e experta en estilos de vida.
  • Fernando Salinero, coach, conferenciante e escritor.
  • Fernando Rodríguez, director de Con C de Comunicación e Briefing Galego.

Nova empregabilidade. 30 de xullo 18:00 h, para profesionais que buscan oportunidades

  • Grace Salazar, mentora de empregabilidade, desenvolvemento profesional e xestión do talento.
  • José Oreiro, director da zona noroeste de España en The Adecco Group.
  • Rosanna López, directora da Fundación Pública Gallega de Formación para o Traballo.

Cada sesión durará 45 minutos, cunha introdución, 3 exposicións de 7 minutos cada unha, e unha quenda de preguntas e respostas de 10 minutos, rematando cunha exposición de conclusións de cada xornada.