Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, confirma que as axudas a autónomos e ás pequenas e medianas empresas (pemes) faranse efectivas en setembro, a pesar de “certas especulacións interesadas”.

Logo de que se aprobase no anterior pleno a correspondente modificación de crédito por unha contía económica de 20 millóns de euros, e unha vez que sexan aprobadas as bases en xunta de goberno local, desde o presente mes de xullo os algo máis de 9.000 autónomos e pemes poderán presentar as solicitudes.

O rexedor advirte que o plan fixado polo goberno municipal cumprirase “sempre que non prospere a denuncia dilatoria” que de xeito verbal formulou o voceiro do grupo socialista, Rafael Rodríguez Villarino, na Subdelegación do Goberno, igual que fixo coas axudas da Deputación “nun intento de demoralas ou tumbalas”. Neste sentido, Gonzalo Pérez Jácome amosa a súa convicción de que as axudas establecidas, de 2.000 euros a cada autónomo, se poidan facer efectivas e, dese xeito, “contribuír a paliar os efectos derivados do estado de alarma pola COVID19”.

Para o alcalde “é unha prioridade poder axudar a estes colectivos, que foron dos máis afectados, xa que durante ese tempo os seus ingresos foron de cero euros, ao non poder realizar a súa actividade”. É por isto que “mantemos a nosa folla de ruta para poder entregar esas axudas dende o 1 de setembro”, e para que "se poida recuperar esa normalidade económica tan necesaria para o futuro da cidade”.