Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O ciclo de seminarios divulgativos 'Os venres coa Intelixencia Artificial' presenta, este venres 20 de novembro ás 12:00 horas, o relatorio "Solucións curiosas para problemas curiosos. Un camiño aleatorio pola IA", impartido polo director do centro, David Olivieri. A charla será retransmitida en liña a través da internet para cumprir coas medidas sanitarias pola Covid-19, e poderase seguir a través do seguinte enlace: https://youtu.be/OWp9WzkmmFs

O director xeral de Innovación, Tecnoloxía, e Intelixencia Artificial do Concello de Ourense afirma que “os problemas dunha disciplina a miúdo posúen fortes similitudes cos doutras, o que suxire un camiño cara a posibles solucións”. É por iso que “resolver problemas con IA está intimamente relacionado coa construción de modelos matemáticos cunha representación adecuada” e malia que as técnicas parecen tan variadas como os problemas para resolver, Olivieri sostén que “varios principios teóricos subxacentes son universais”.

O seminario deste venres apoiarase en varios exemplos de recoñecemento de imaxes e vídeo, análise de sinais e linguaxe natural para ilustrar estas ideas.
Máis información, en www.intelixencia-artificial.ourense.gal