Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Concello de Ourense completou este mediodía a avaliación das 4.586 solicitudes que autónomos ourensáns presentaron para a convocatoria de subvencións realizada polo Concello para apoiar a súa actividade.A día de hoxe decretouse o pago das primeiras 1.250 subvencións,por un importe total de 2,5 millóns de euros. As persoas beneficiarias comezarán a cobrar as axudas a partir do vindeiro luns, 23 de novembro.

A colaboración dos servizos municipais de Promoción Económica, Sistemas de Información e Intervención, e a incorporación de 13 técnicos de administración xeral destinados a esta convocatoria, permitiu que a avaliación de todas as solicitudes se completase en só 20 días desde que rematase o prazo de presentación. Ademais da tramitación e da validación das solicitudes, tamén se lles prestou atención directa ás persoas que o precisaban para informar do estado das súas solicitudes, completalas ou emendalas.

Das 4.586 solicitudes que recibiu o Concello, un 75% concluíron en propostas de concesión de axuda, dado que a persoa solicitante cumpría cos requisitos definidos nas bases da convocatoria. En torno ao 23,1% foron remitidas á persoa solicitante para que as emende e menos dun 1% foron denegadas.