Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Concello de Ourense, a través do Centro de Coñecemento de La Molinera, está a colaborar na fabricación, en primeira instancia, dunhas máscaras protectoras EPI (equipos de protección individual) coas impresoras 3D e coas bobinas de PLA, material co que se realizan os produtos e as pantallas. O obxectivo é facérllelas chegar aos particulares que as soliciten e, así, manter o illamento como establece el estado de alarma.

Para o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, esta acción pon de manifesto “a nosa vontade de contribuír a garantir a saúde dos ourensáns”, xa que “se trata de aproveitar un espazo coma La Molinera para que se poida contar con material que axude a evitar o contaxio”.

Nsta última semana, a colaboración cidadá para loitar contra a pandemia COVID-19 xorde a través de múltiples iniciativas. Unha destas -promovida, entre outros, polo COTEC-, promoveu a través de la plataforma Telegram a fabricación con impresoras 3D de diferentes produtos para paliar a propagación do virus na medida do posible. En primeiro lugar, materializouse un grupo a nivel nacional denominado Coronavirus Maker, que en Galicia derivou no CV19-GAL. Moitos dos integrantes de La Molinera están participando nesta iniciativa de maneira altruísta, mesmo desde as súas casas.

O Concello de Ourense puxo á disposición deste grupo as impresoras 3D, que traballarán desde as súas casas. Así mesmo, subministrará as bobinas de PLA.

Nestes momentos estanse a desenvolver os primeiros prototipos e o rendemento é de unha máscara cada 75 minutos, co que se pretende que cada impresora realice unhas 7 / 8 ao día. Estase traballando para dispoñer de 30 máquinas, o que suporá realizar ao redor de 210 viseiras protectoras diarias -preto de mil nesta semana-.

Os obxectivos do Concello de Ourense con esta iniciativa son dous: en primeiro lugar, axudar os voluntarios maker que incondicionalmente actúan dende as súas casas para levar material aos centros sanitarios que o precisen, e paralelamente distribuír os EPIs entre comerciantes, panaderías, quioscos e pequenas tendas de alimentación.

Para calquera información está dispoñible o teléfono de La Molinera 988 374 523, e os teléfonos que o Concello dispón para calquera consulta cidadá, presentes no espazo web municipal.