Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Efectivos de Protección Civil do Concello de Ourense procederon á entrega dos primeiros equipos de protección individual (EPI)- viseiras protectoras-, algo máis de cen na xornada de onte, elaboradas polos voluntarios/as “maker” colaboradores do Centro de Coñecemento de La Molinera, para o cal dende o Concello se lles puxo á súa disposición impresoras 3D, así mesmo as bobinas de PLA, material co que se realizan os produtos e as pantallas.

Dese xeito, os voluntarios de Protección Civil trasladáronse ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) para facer entrega destas viseiras protectoras, así como a varios particulares que manteñen o illamento, para cando teñan necesidade de saír.

Segundo as previsións, e despois de que se puxese en marcha o proceso, o rendemento estimado é que cada hora se poida producir un equipo destas características, polo que serían 8 ao día. Desde La Molinera sinálase que se espera contar cunha trintena de maquinas, o que permitirá realizar unhas 200 viseiras protectoras ao día, co que se poderá estar en disposición de poder entregar un milleiro delas nesta semana.

Isto permitirá que por parte dos voluntarios de Protección Civil se recollan en La Molinera e se poidan trasladar estes equipos aos centros sanitarios de Ourense que os precisen e paralelamente distribuílos tamén a aqueles centros que manteñen a súa actividade, especialmente no sector da alimentación, quioscos e outros centros os que acoden os cidadáns.

Para calquera información poden contactar con La Molinera, así como os teléfonos que o Concello puxo á disposición ante a situación de alerta para calquera consulta cidadá e na paxina web municipal.