Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O centro de coñecemento municipal La Molinera achegará a rapazada as máis novidosas ferramentas tecnolóxicas a través de oito obradoiros que se desenvolverán polas tardes os días de semana, no seu “Espazo Kids”.Dirixidas a escolares de entre 8 e 16 anos, estarán adicados a emprendemento, programación, Internet das cousas e robótica, impresión en tres dimensións, drons e realidade virtual. As persoas interesadas poden realizar a inscrición desde o xoves, 8 de febreiro, ás 9 da mañá a través da páxina web do centro municipal www.lamolinera.net. Ofértanse un total de 114 prazas

  • Emprendemento (creatividade, imaxinación e xogo financeiro) para escolares de 8 a 12 anos, os luns de 18 a 19,30h, desde o 19 de febreiro ao 26 de marzo
  • Programación con Scratch I (primeiros pasos en programación) para cativada de 8 a 10 anos, os martes de 18 a 19h, desde o 20 de febreiro ao 24 de abril
  • Programación con Scratch II (programación avanzada) para escolares de 10 a 14 anos, os martes, de 19 a 20h, do 20 de febreiro ao 24 de abril.
  • Team makers I (Internet das cousas e robótica) para escolares de 10 a 12 anos, os mércores de 18 a 19h, desde o 14 de febreiro ao 11 de abril
  • Team makers II (programación, plataforma Arduino e impresión en tres dimensións) Para escolares de 13 a 16 anos, os mércores de 19 a 20h, do 14 de febreiro ao 6 de xuño
  • Iniciación ao mundo dos drons (tipos, voo, simulación e características): de 12 a 16 anos, os xoves, de 18 a 19,30h, do 22 de febreiro ao 26 de abril
  • Iniciación ao modelado e impresión 3D coa ferramenta Tinkercad, de 9 a 14 anos, os venres, de 18 a 19h, do 23 de febreiro ao 20 de abril
  • Iniciación á realidade virtual: de 11 a 16 anos, os venres, de 19 a 20h, desde o 23 de febreiro ao 20 de abril.