Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O centro de coñecemento e innovación La Molinera, centro público dependente da Concellería de Emprego do Concello de Ourense, rexistrou máis de 32.500 usuarios durante o ano 2017, un notable incremento -do 250%- sobre o ano anterior, no que houbo 13.000 usuarios."La Molinera afianzou a función cara á que se dirixe", afirma o concelleiro Jorge Pumar: "Un laboratorio de innovación social dixital, centrado nas persoas, que permite conectar persoas con pemes, emprendedores, startups, administracións públicas, universidades e, todo isto, á súa vez con outras persoas". Cúmprese así un ano poñendo a disposición da ciudadania, espazos, mentorización, ferramentas tecnolóxicas e dixitais para dar o salto á sociedade do Coñecemento.

Foron 150 as actividades que se realizaron neste espazo municipal durante 2017, que permaneceu aberto un total de 228 días de 08:30 a 14:30 e de 16:30 a 30:30 horas (salvo en agosto, só pola mañá). Un horario que foi permitindo fidelizar o número de usuarios ao longo do ano: desde os 50 diarios que se rexistraban a primeiros de ano, até os 100 dos últimos meses. De feito, a época máis activa correspóndese co mes de novembro, con máis de 5 actividades de media diarias e un fluxo de 4.500 usuarios.

O salto cualitativo non é unicamente referido ao número de usuarios e actividades, senón no tipo de actividades. Segundo os datos, os Espazos Kids, Maker e CeMIT representan máis do 50% da actividade. Ademais, un de cada tres días días houbo actividades derivadas das cesións de espazo do centro, desenvolvéndose 15 eventos alleos á oferta formativa de La Molinera, así como 14 visitas de colexios. "O grande colofón a este ano foi o reto social da campaña #fabricandosorrisos, na que se fabricaron 150 xoguetes con impresoras 3D para as nenas e nenos do CHUO, coa colaboración de moitos usuarios do centro a partir das impresoras 3D fabricadas en a Molinera.

Se ben o centro de coñecemento seguirá vertebrado a través dos mesmos tres eixos estratéxicos (innovación social dixital, a nova empregabilidade e as tecnoloxías 4.0), La Molinera camiña cara a novas demandas cidadás e tecnolóxicas. Así, o novo espazo Teslab, ou o LabCafé, son os novos retos para consolidar a estrutura do centro dentro do organigrama municipal.