Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas


Os Campamentos Tecnolóxicos Kids 2019 de La Molinera recibiron un total de 818 solicitudes para participar nalgunha das cinco propostas que ao longo do verán permitirán descubrir as novas tecnoloxías a mozos e mozas con idades entre os 8 e os 16 anos. A través destes campamentos, o Concello aposta porque a mocidade ourensá empregue o seu tempo libre no verán con actividades de carácter lúdico, cultural, tecnolóxico e formativo, que lles sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.


Desde hoxe xa se pode consultar na web do Concello de Ourense www.ourense.gal aos beneficiarios dos cinco campamentos, que foron elixidos por sorteo no Salón de Plenos.


No sorteo extraéronse dúas letras do abecedario que determinaron, correlativamente, a primeira e a segunda letra do primeiro apelido. As dúas extraccións levaranse a cabo con todas as letras. A orde de prelación comeza pola persoa solicitante cuxo primeiro apelido comece coas dúas letras extraídas, e, se non houbese ningunha, continuarase pola seguinte persoa solicitante por orde alfabética pasando de ZZ a AA.
No caso de coincidencia no primeiro apelido entre varias persoas solicitantes, acudirase como criterio de desempate ao segundo apelido e nome, por orde alfabética

Os seleccionados


No caso do Campamento de Audiovisuais, que terá lugar entre o 24 e o 28 de xuño, presentáronse 165 solicitudes. O sorteo das 30 prazas determinou que os apelidos dos beneficiarios serán a partires das letras BF (desde Blanco Camba a García Agromayor).

O segundo campamento, “Realidade Virtual”, terá lugar na primeira semana de xullo. Houbo un total de 189 solicitudes. O sorteo determinou as letras QC, co que os apelidos provisionais dos inscritos son desde Rego García a Trillo García.


O terceiro campamento, “Arquitectura 3D”, a segunda semana de xullo recibiu 125 solicitudes. O sorteo determinou as letras YU, polo que os apelidos provisionais serán Abad Nóvoa. a Díaz Carrera.


O cuarto campamento “Dróns”, a terceira semana de xullo, contou cun total de 167 solicitudes. O sorteo sinalou as letras EF, co que os apelidos provisionais dos beneficiarios irían de Enríquez Cid a González Álvarez.


O derradeiro campamento, “Videoxogos” que terá lugar a última semana de xullo, contou cun total de 172 solicitudes. O sorteo determinou as letras WW, polo que os apelidos provisionais dos beneficiarios serán desde Yáñez Carrasco a Cid Gómez.


Cada rapaza ou rapaz tivo a oportunidade de inscribirse como máximo en dous dos campamentos, podendo só participar nun deles. No caso de que saíra seleccionado nos dous, deberá elixir un deles, liberando unha das prazas. Si alguén se inscribira en máis de dous obradoiros, automaticamente serán dadas de baixa as súas solicitudes, non tendo dereito a participar en ningún dos campamentos.