Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Lanzadeira de emprego

Logo Lanzadera de empleo

O Concello de Ourense, a Fundación Telefónica e a Fundación Santa María La Real colaboran dende o pasado mes de abril na posta en marcha dun proxecto novidoso para as persoas que buscan un traballo: unha Lanzadeira de Emprego.

O obxectivo desde proyecto consiste en axudar a 25 persoas para adestrar novas técnicas para atopar un emprego en equipo, reforzar as súas competencias profesionais, mellorar a súa empregabilidade e achegarlles novas posibilidades que faciliten a súa inserción laboral.

Esta Lanzadeira está incluída nas 145 que Fundación Telefónica e Fundación Santa María La Real porán en marcha por todo o país a longo deste ano e que é un proxecto que conta coa colaboración e cofinanciación do Fondo Social Europeo.

A Lanzadeira de Emprego de Ourense arrincou integrada por 25 mozos de até 34 anos de idade que se atopaban en paro ou desempregados.

Perfil dos participantes

Os participantes neste proxecto non responden a un perfil formativo concreto, senón que participa tanto xente nova con estudos básicos; coma procedentes da Formación Profesional ou Bacharelato, ou que remataron diplomaturas ou licenciaturas universitarias.

Do mesmo xeito, ós participantes tampouco se lles esixe experiencia nun sector laboral determinado; senón que a participación está aberta a persoas con distintas traxectorias e procedentes de áreas laborais diferentes, con ou sen experiencia, e incluso con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.

Deste xeito, cada lanzadeira está integrada por un equipo moi heteroxéneo, coa idea de desterrar a competencia directa, e fomentar a cultura colaborativa. Os seus organizadores buscan perfís diferentes, que se complementen e que se axuden uns ós outros á hora de buscar un traballo, pero a través de novas técnicas e con novas ferramentas.

Qué fai a Lanzadeira?

As 25 persoas seleccionadas, reúnense 4 días á semana no Centro de Iniciativas Empresariais. Nesas reunións levan a cabo sesións de coaching e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, potencian a creación da súa marca persoal e a procura dun emprego 2.0. Entre as labouras que fan durante as clases destacan técnicas de adestramento de entrevistas persoais; elaboración de mapas de empleabilidade, visitas a empresas, reunións con emprendedores e procesos de intermediación laboral con responsables de Recursos Humanos.