Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Cartel

O Concello de Ourense alenta a cultura emprendedora co ciclo de charlas por Internet “Ourense innova”, unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica desde o centro municipal La Molinera. Profesionais de prestixio en diferentes ámbitos debullarán en seminarios a través da Internet (webinars) as claves da situación económica actual, o futuro do comercio e o turismo e propoñerán novas ideas e estratexias de empregabilidade para os novos tempos que se aveciñan.

Axudas a autónomos

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, anunciou o calendario das axudas a autónomos e pequeno comercio: a convocatoria publicarase no mes de xullo, período no que se abrirá o prazo de solicitude de entrega de documentación.

Imaxe da nova

O proceso para concretar a concesión de axudas, que serán de 2.000  euros e individuais, para autónomos, pemes e pequeno comercio, entra na  súa recta final, segundo anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. O borrador das bases inclúe como requisito que os beneficiarios das mesmas sexan persoas físicas que veñan realizando de forma habitual, persoal e directa, unha actividade económica a título lucrativo dentro do termo municipal de Ourense, sempre que o desempeño de dita actividade non estea suxeita a contrato de traballo pon ningunha empresa e figure dada de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), así coma no Imposto sobre Actividades Económicas, e se teña visto afectada pola crise da COVID-19, en función do Real Decreto de Alarma do Goberno Central.

Imaxe do Pleno municipal

O Concello mobilizará 50 millóns de euros en obras para reactivar a economía local. Así o anunciou esta mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na comparecencia en que o goberno municipal fixo balance das medidas adoptadas polo Concello desde o inicio da pandemia, e as que vai desenvolver para reactivar a economía da cidade e darlle apoio aos colectivos máis directamente afectados polas consecuencias da pandemia.

Imaxe da nova

O Concello aboaralles o pago de sete cotas aos autónomos ourensáns, correspondentes aos meses de xuño a decembro de 2020, ambos incluídos, para axudar mitigar os “graves prexuízos logo do cesamento da súa actividade”, segundo anunciou esta mesma mañá o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. É unha das medidas que pretenden paliar os efectos negativos pola situación de alarma decretada polo virus COVID-19, despois de que se tomase a decisión de destinar 20 millóns de euros das arcas municipais. “Queremos asumir un compromiso de responsabilidade e solidariedade cos autónomos, o pequeno comercio e as pemes ourensás”, sentencia o rexedor.

Foto co texto da nova

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anunciou esta mañá unha ampliación das axudas a autónomos e pequeno comercio, así como para reforzar as axudas sociais para as persoas e colectivos máis vulnerables, até os 20 millóns de euros, logo dos 10 anunciados o pasado 20 de marzo. O rexedor ten claro que “nestes momentos o que temos que facer é axudar as persoas e colectivos que se están vendo afectados de xeito especial pola situación de alarma debido ao COVID19”, dixo.

Fotos de impresoras 3D de La Molinera

Efectivos de Protección Civil do Concello de Ourense procederon á entrega dos primeiros equipos de protección individual (EPI)- viseiras protectoras-, algo máis de cen na xornada de onte, elaboradas polos voluntarios/as “maker” colaboradores do Centro de Coñecemento de La Molinera, para o cal dende o Concello se lles puxo á súa disposición impresoras 3D, así mesmo as bobinas de PLA, material co que se realizan os produtos e as pantallas.

Fotos de impresoras 3D de La Molinera

O Concello de Ourense, a través do Centro de Coñecemento de La Molinera, está a colaborar na fabricación, en primeira instancia, dunhas máscaras protectoras EPI (equipos de protección individual) coas impresoras 3D e coas bobinas de PLA, material co que se realizan os produtos e as pantallas. O obxectivo é facérllelas chegar aos particulares que as soliciten e, así, manter o illamento como establece el estado de alarma.

Xuntanza do goberno

O Concello de Ourense acordou nunha xuntanza mantida esta maña no salón de plenos, mobilizar 10 millóns de euros para axudar os autonómos, pemes, pequeno comercio e reforzar os servizos sociais afectados polo coronavirus. Farase a través de diferentes medidas, como pode nser a exención de taxas, así coma o aprazamento de impostos, unha vez se decidiu unha modificación dos prazos tributarios que estaban establecidos.

Foto da reunión

La Molinera acolleu hoxe a primeira reunión para perfilar as liñas económicas e os aspectos de organización e coordinación para a posta en marcha do Centro de Intelixencia Artificial de Ourense. No encontro participaron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; o director xeral do Igape, Juan Manuel Cividanes; o director da UNED en Ourense, Jesús Manuel García; o vicerreitor adxunto de Investigación e Transferencia da UNED, Julio González; o interventor do Concello de Ourense, Gonzalo Alonso, e o profesor da Universidade de Vigo David Olivieri.