Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Presentación do campamento tecnolóxico La Molinera Kids

La Molinera organiza o Campamento Tecnolóxico "La Molinera Kids" para que os nenos, nenas e adolescentes de Ourense poidan experimentar coa ciencia e a tecnoloxía de forma divertida.

Presentación da exposición

La Molinera acolleuo acto de presentación das obras gañadoras e finalistas do I Concurso “Ignacio de las Cuevas” de creatividade artística, un dos eventos cos que o Grupo Cuevas conmemora os seus 150 anos de traxectoria empresarial.

Logo de La Molinera

O Concello de Ourense e a Xunta de Galicia organizan o campamento dixital de verán para nenos “La Molinera Kids”, formando por un conxunto de obradoiros que fomentará, a través de creación dixital, a capacidade de realizar pezas artísticas e converter a nenos e nenas en creadores en troques de meros consumidores de Internet. O Universo será o tema central nesta edición, que lles proporcionará ás familias unha forma de conciliación durante as vacacións escolares de verán ao tempo que fomentará as posibilidades creativas, o traballo en equipo, a cooperación, a diversión, a solidariedade, e o espírito emprendedor.

Logo de La Molinera

O Centro Municipal de Coñecemento la Molinera acollerá durante esta semana novas actividades de divulgación centradas nos aspectos legais de Internet, a plataforma dixital Activation Code e a busca de emprego a través do móbil. As persoas interesadas poden inscribirse de xeito gratuíto a través da páxina web www.lamolinera.net. O centro municipal acollerá tamén o xoves “Happy Day, Down Ourense", acto de concienciación da inclusión laboral das persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual.

Logo de La Molinera

O Concello de Ourense e Viaqua abren, a partir das 9:00 horas do martes 9 de maio e via online, o prazo para anotarse na segunda edición do programa educativo Arquimakers, Crear para Pensar. Coa auga como fío condutor do proxecto, quérese fomentar a creatividade infantil a través do vídeoxogo Minecraft, co que poderán aprender a crear as cidades do futuro de forma dixital. Os alumnos deberán ir solucionando os diferentes problemas e retos que lles vaian xurdindo, e tamén os que se lles vaian propoñendo, sen alonxarse de aspectos coma a co-responsabilidade, a sustentabilidade e o traballo. Fronte o 'pensar para crear', fomentarase o 'crear para pensar'.

Clausura da II Lanzadeira de Emprego

A II Lanzadeira de Emprego de Ourense comezou a funcionar en decembro para axudar a unha vintena de persoas desempregadas a adestrar unha nova procura de traballo, acorde ao mercado actual. Tras cinco meses de intensa actividade e adestramento laboral baixo unha cultura colaborativa, o equipo organizou unha xornada de clausura e broche final.

Logo de La Molinera

O centro de coñecemento de La Molinera celebra o 20 de abril a última das conferencias do Obradoiro de Argumentación e Debate a cargo de Aida González, e xa adianta o programa dos seus #xovesinspiradores para o vindeiro mes: a empregabilidade xuvenil a través da creatividade. A partir do 27 de abril, todos os xoves de 18:30 a 20:30 horas, 20 mozos terán a posibilidade de mellorar as súas competencias para atopar emprego a través dos consellos de Patricia Vázquez e Alba Moretón.

Cartel de Re-Creando

O centro de coñecemento La Molinera abre o prazo de inscrición -gratuíto- para un obradoiro dedicado á arte, Re-creando. Desenvolverase todos os venres durante os tres vindeiros meses en horario de 16:00 a 18:00 horas, e a primeira sesión será, precisamente, este mesmo 21 de abril.

Logo de La Molinera

O Centro Municipal de Coñecemento La Molinera incorpora na súa programación de abril novas propostas formativas para todos os públicos. A Aula CeMIT organiza un obradoiro de iniciación á informática, que se desenvolverá de luns a venres, de 9,30 a 11,30 horas, desde o día 17 ata o 25 de abril. As persoas interesadas poderán inscribirse desde o día 10. Tamén este mes, a Aula CeMIT imparte o Obradoiro “Compra de forma segura en Internet”; os días 3, 4 e 6 de abril, de 9,30 a 11,30 horas.

Logo de La Molinera

Tres expertos ourensáns en redes sociais, particularmente en LinkedIn: Pablo Álvarez, Carlos Montero e Javier Tresguerras visitano 23 de marzo o Centro de Coñecemento Municipal La Molinera para explicar a súas experiencia no uso da rede social Linkedin, dentro da actividade “Influencers e redes”. A actividade está dirixida a persoas que desexen aprender a sacar partido á rede LinkedIn para a súa actividade profesional ou empresarial. A inscrición é gratuíta, a través da web www.lamolinera.net

  • Pablo Álvarez Estévez, socio en BE:DO, estudio creativo, que explicará a súa experiencia coa rede e como a aplica no ámbito do seu negocio.
  • Carlos Montero técnico de intermediación laboral e orientador en COGAMI, que con LinkedIn está acadando grandes resultados para a inclusión de persoas con discapacidade en empresas de moitos traballadores.
  • Javier Tresguerras xerente de Agencia 36 Marketing Digital, quen explicará as recomendacións que lle levaron a obter clientes e contactos interesantes con LinkedIn.

“Influencers e redes” é unha serie de eventos celebrados en xoves enmarcados no Programa #XovesInspiradores, aos que asisten expertos ourensáns en diferentes redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram en semanas anteriores, e esta semana LinkedIn) co obxectivo de obter consellos de utilidade baseados na súa experiencia para aplicalos aos perfís persoais ou empresariais das persoas participantes.

Cambio de data no obradoiro de debate

O obradoiro de argumentación e debate que estaba previsto para mañá, 23, aprázase ao seguinte xoves, día 30, por solicitude da monitora.