Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O conselleiro de Turismo e Promoción Económica, Jorge Pumar, na asamblea da Rede de Cidades AVE

A Rede de Cidades AVE celebrou hoxe en Ciudad Real a súa segunda Asemblea Ordinaria de 2016, na que representantes dos destinos fixeron balance das accións realizadas no que vai de ano e analizaron o plan de acción e promoción do 2017. Precisamente, o concelleiro de Turismo e Promoción Económica do Concello de Ourense, Jorge Pumar, explicou neste encontro de traballo o balance da recente campaña “Ourense un Plan Perfecto”, que reportou un 37% máis de visitas rexistradas na Oficina Municipal de Turismo que no mesmo período do ano pasado.

Imáxe para promocionar o curso "Sé digital"

O luns 21/11/2016, dará comezo un curso online, aberto ao público en xeral.Trátase dunha actividade que durará até o 21/01/2017 e na que poderán participar até 200 persoas. O prazo de inscrición péchase o 20/12/2016.

Programa Ourense Cooperativa

A Agrupación de Concellos de Ourense (Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín e Ourense), como Oficina de Fomento Cooperativo e da Economía Social integrada na Rede Eusumo, organizaron  durante todo o mes de setembro o programa OURENSE COOPERATIVA, un proxecto enfocado a impulsar a economía social no ámbito territorial destes municipios co gallo de conseguir un salto cuantitativo na súa capacidade para xerar e ficar emprego de calidade.

Folleto do programa Go2Work

Estás a por en marcha unha empresa e precisas un local e orientación? O Concello pon en marcha unha iniciativa novedosa: o proxecto “Go2Work” no Centro de Coñecemento “La Molinera”.

Imaxe da actividade ''Crea a túa primera peli 360''

Nesta actividade pretendese instruir aos participantes de maneira práctica e teórica en todos os coñecementos necesarios para que eles poidan crear e editar contido 360º, xerar ás súas propias fotos e vídeos inmersivos 360º coa axuda do seu móbil e de tecnoloxía especializada (cámara 360º e cámara DSRL)