Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Logo de La Molinera

O Centro Municipal de Coñecemento La Molinera incorpora na súa programación de abril novas propostas formativas para todos os públicos. A Aula CeMIT organiza un obradoiro de iniciación á informática, que se desenvolverá de luns a venres, de 9,30 a 11,30 horas, desde o día 17 ata o 25 de abril. As persoas interesadas poderán inscribirse desde o día 10. Tamén este mes, a Aula CeMIT imparte o Obradoiro “Compra de forma segura en Internet”; os días 3, 4 e 6 de abril, de 9,30 a 11,30 horas.

Logo de La Molinera

Tres expertos ourensáns en redes sociais, particularmente en LinkedIn: Pablo Álvarez, Carlos Montero e Javier Tresguerras visitano 23 de marzo o Centro de Coñecemento Municipal La Molinera para explicar a súas experiencia no uso da rede social Linkedin, dentro da actividade “Influencers e redes”. A actividade está dirixida a persoas que desexen aprender a sacar partido á rede LinkedIn para a súa actividade profesional ou empresarial. A inscrición é gratuíta, a través da web www.lamolinera.net

  • Pablo Álvarez Estévez, socio en BE:DO, estudio creativo, que explicará a súa experiencia coa rede e como a aplica no ámbito do seu negocio.
  • Carlos Montero técnico de intermediación laboral e orientador en COGAMI, que con LinkedIn está acadando grandes resultados para a inclusión de persoas con discapacidade en empresas de moitos traballadores.
  • Javier Tresguerras xerente de Agencia 36 Marketing Digital, quen explicará as recomendacións que lle levaron a obter clientes e contactos interesantes con LinkedIn.

“Influencers e redes” é unha serie de eventos celebrados en xoves enmarcados no Programa #XovesInspiradores, aos que asisten expertos ourensáns en diferentes redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram en semanas anteriores, e esta semana LinkedIn) co obxectivo de obter consellos de utilidade baseados na súa experiencia para aplicalos aos perfís persoais ou empresariais das persoas participantes.

Cambio de data no obradoiro de debate

O obradoiro de argumentación e debate que estaba previsto para mañá, 23, aprázase ao seguinte xoves, día 30, por solicitude da monitora.

Logo de La Molinera

O Centro Municipal de Coñecemento La Molinera abre o luns 06 de marzo o prazo de inscrición en tres novos obradoiros para persoas adultas, incluidos na programación da Aulda da Rede CeMIT (Centros para la Modernización e Inclusión Tecnolóxica)

Logo de La Molinera

O Centro Municipal de Coñecemento La Molinera reforza durante o mes de marzo a súa aposta pola promoción das novas ferramentas tecnolóxicas ao servizo do emprendemento e a creatividade. Serán en total 8 obradoiros formativos para adultos, dous infantís, 6 novas citas coa actividade “Xoves inspiradores” sobre debate e redes sociais, e unha actividade moi especial: o Demo day na que mozos emprendedores presentarán os seus proxectos.

Logo da Molinera

O Centro Municipal de Coñecemento La Molinera segue a apostar polo talento ourensán cun novo programa, “Xoves inspiradores”, que cada semana pretende converter este espazo municipal en punto de encontro, reflexión, debate e transmisión de coñecemento entre todos os ourensáns.

Aula CeMIT en La Molinera

O Centro de Coñecemento La Molinera vén de presentar a súa oferta formativa para o mes de febreiro, unha carteleira con actividades innovadoras para cativos e na que non faltan citas coma a Semana Europea do Emprendemento, xornadas “de inspiración” para mellorar a comunicación a través das redes sociais ou os xa clásicos obradoiros de alfabetización informática a través da aula Cemit.

Logo de La Molinera

O Concello abre o prazo de inscripción nos itinerarios formativos da Aula CeMIT de La Molinera para o primeiro trimestre do ano.

Exposición Transmigrantes en La Molinera

O programa de actividades de Nadal “Ourense con Luz Propia” que organiza o Concello incorpora unha nova cita musical cun novo concerto do grupo ourensán Priscila. Será mañá, martes, 27 de decembro, ás 19:00 horas na rúa Río Mao. Chegará así ata o barrio do Vinteún o ciclo de concertos “Priscila versións para o Nadal” que a formación ourensá leva achegando aos diferentes barrios da cidade para animar estas festas.

Campus Minecraft en Ourense

O centro de coñecemento La Molinera abre mañá mércores ás 8:30 horas a inscrición para que os nenos e nenas de 8 a 11 anos se apunten ao campamento Minecraft. A actividade desenvolverase entre os días 26 e 30 de decembro de 10:00 a 14:00 horas, e a inscrición pode realizarse a través da web lamolinera.net

Páxina web de Ourensemakerslab2016

Baixo a premisa de se as novas tecnoloxías supoñen unha ameaza ou unha oportunidade, o centro de coñecemento de La Molinera acolle este sábado a xornada Ourensemakerslab2016, un foro aberto para público de todas as idades cun denominador común: a curiosidade polo emprego das novas tecnoloxías. O programa permitirá entre outros puntos achegarse á robótica educativa e coñecer a súa necesidade e razón de ser, aprender que é a economía colaborativa (o crowfunding).