Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Recursos humanos

Áreas

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense recolle hoxe unha modificación das bases específicas para a provisión por oposición de 12 prazas de bombeiro-condutor do Concello de Ourense.

 

Esta modificación é froito do acordo entre representantes dos traballadores e o goberno municipal, saído da mesa xeral de negociación, mediante o cal se suprime a fase de concurso para axilizar o proceso selectivo e poder contar antes con estes profesionais.

Así, o proceso selectivo celebrarase mediante oposición, no cal os participantes deberán superar diferentes exercicios: probas de aptitude física, con control antidopaxe e valoración médica (con carácter eliminatorio), proba psicotécnica, teórica, coñecemento da cidade, coñecemento da lingua galega (agás quen posúa o CELGA 4) e, por último unha proba práctica de condución cos vehículos de bombeiros. En total serán seis exercicios.

Para coñecer con máis detalle os requirimentos de cada unha das probas pode consultarse o BOP de hoxe, día 2 de febreiro (https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=26&fecha=20210202). Os interesados terán un prazo de 20 días naturais para presentarse a este proceso unha vez se publiquen as bases no Boletín Oficial do Estado.